13 dos 49 pacientes que chegaron a ser atendidos nos hospitais de Vigo logo do accidente ferroviario deste venres no Porriño continúan ingresados na mañá deste sábado, segundo informa a Consellería de Sanidade. Só un dos evacuados, o mozo vigués de 23 anos, faleceu no hospital, mentres que outros 35 afectados foron xa dados de alta. Dos atendidos, 27 son españois, oito estadounidenses, tres portugueses, outros tantos alemáns, dous brasileiros, dous arxentinos, dous uruguaios, un filipino e un chileno.
35 afectados foron xa dados de alta. Os feridos son de nove nacionalidades distintas.
No lugar do accidente, técnicos de Adif traballan para retirar os restos do tren sinistrado e reparar as instalacións ferroviarias para retomar este sábado a circulación de trens polo Porriño. Mentres, os viaxeiros dos numeroso trens afectados, tanto a Portugal como os de longa e media distancia de Vigo cara Ourense, están sendo transportados en autobuses.