A tempada de caza en Galicia vén acompañada case todos os anos de informacións sobre mortes dalgún cazador. A presente tempada comezará este domingo 16 de outubro e rematará o 6 de xaneiro, pero mesmo antes do seu inicio xa temos que lamentar un falecemento (en Melide, por un disparo no peito, durante unha batida de xabaríns), que se uniu ese mesmo sábado a un ferido en Silleda (cun disparo na perna, noutra batida de xabaríns). Esta morte, a 14ª relacionada coa caza na última década en Galicia, reabriu o debate sobre a perigosidade desta actividade e sobre a conveniencia de limitar por lei a participación de menores de idade.
Na actualidade, a Lei de Caza de Galicia, aprobada en 2013 fixa nos 16 anos a idade mínima. Durante o seu debate colectivos animalistas e forzas da oposición defenderon elevar este límite ata os 18.
Na actualidade, a Lei de Caza de Galicia, aprobada en 2013 fixa nos 16 anos a idade mínima (artigo 58). Durante o seu debate colectivos animalistas e forzas da oposición defenderon elevar este límite ata os 18 anos (unha proposta que nas últimas eleccións En Marea e BNG volvían levar nos seus programas). Pola contra, a Federación Galega de Caza buscou reducir este mínimo ata os 14 anos na fase de tramitación da lei.
Este domingo a asociación animalista Libera e a Fondation Franz Weber solicitaron formalmente a modificación neste punto da Lei de Caza, lembrando que as batidas son unha actividade de "gran risco". E anunciaron que nas vindeiras semanas se poñerán en contacto cos distintos grupos políticos con represetación no Parlamento galego para que apoien a proposta na cámara.
14 mortes en 10 anos
En 2007 (Vilalba), 2008 (Bóveda), 2009 (Lugo e Cabana de Bergantiños), 2010 (Muíños e Ordes), 2011 (Ortigueira e Cervantes). 2012 (Vila de Cruces e Vilalba), 2013 (Rubiá e Ribas de Miño), 2015 (Laza) e 2016 (Melide). A última década deixou 14 mortes relacionadas coa caza, a maior parte por disparos errados ou rebotados durante batidas no monte ou por accidentes durante a manipulación da armas.
A última década deixou 14 mortes relacionadas coa caza: 2007 (Vilalba), 2008 (Bóveda), 2009 (Lugo e Cabana de Bergantiños), 2010 (Muíños e Ordes), 2011 (Ortigueira e Cervantes). 2012 (Vila de Cruces e Vilalba), 2013 (Rubiá e Ribas de Miño), 2015 (Laza) e 2016 (Melide)
O falecemento no outono de 2013 dun rapaz de 17 anos en Ribas de Miño puxo de manifesto a perigosidade desta actividade para os menores de idade. E, de igual xeito, a morte en 2010 en Ordes dun home de 84 anos que paseaba polo monte revelou o risco ao que están exposta calquera persoa que se atope próxima aos lugares nos que se practica a caza, mesmo sen ser cazador.
Nos últimos entidades coma a Sociedade Galega de Historia Natural teñen denunciado "malas prácticas" ou a ausencia de controis e de medidas de seguridade tanto para protexer os cazadores como a persoas alleas. Nesa denuncia, a SGHN destacaba que a caza provoca cada ano en Galicia máis mortos que os accidentes de tráfico, en termos relativos, tendo en conta que a tempada dura apenas tres mesas e que só uns poucos milleiros de persoas teñen permiso de armas. En Galicia hai un total de 19.961 persoas con licenza de caza, case todos homes (19.805).