A alerta meteorolóxica amarela e laranxa, activada pola baixada das temperaturas e as nevaradas previstas en boa parte de Galicia, levou a Comisión Escolar de Alertas, dependente da Consellería de Educación, a decretar a "suspensión do transporte escolar" e mais das "actividades no exterior dos centros educativos" nun bo número de concellos. Estes son os municipios afectados, segundo as indicacións difundidas pola Xunta, complementadas posteriormente cunha segunda "nota aclaratoria".
| Do día 22/3/2017 ás 12:00 ao día 23/3/2017 ás 12:00 |
|---|
| A Coruña |
| Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes, Santa Comba, Santiago, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val Do Dubra, Vedra, Vilasantar. |
| Lugo |
| Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba, Xermade, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, Taboada |
| Ourense |
| Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, O Irixo, Maside, A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín |
| Pontevedra |
| Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces |
| Do día 22/3/2017 ás 8:00 ao día 23/3/2017 ás 12:00 |
| Ourense |
| Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía. |
| Do día 22/3/2017 ás 00:00 ao día 23/3/2017 ás 12:00 |
| Lugo |
| Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso Do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela. |
| Ourense |
| O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Riós, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo. |
| Do día 22/3/2017 ás 9:00 ao día 23/3/2017 ás 9:00 |
| Ourense |
| O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras |
Fonte: Consellería de Educación
Atendendo á información subministrada polo Goberno galego, a Consellería "non suspende a actividade docente" nos colexios e institutos dos concellos afectados pola alerta. Non obstante, agrega, "no caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares".