0 Gardados para despois

GALERÍA | As rúas volven berrar contra a violencia machista

Redacción | @prazapublica

"Feminismo para non morrer, feminismo para vivir". "Polo dereito a vivir en paz". Ou, sinxelamente, "querémonos vivas". Os numerosísimos actos que vilas e cidades de todo o país viñeron acollendo durante a última semana ao fío da conmemoración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller culminaron este sábado con mobilizacións do movemento feminista en ata oito vilas e cidades galegas.

O feito de que este 25N cadrase en sábado desprazara xa ao venres boa parte dos actos institucionais, aínda que se mantiveron no sábado algúns deles. Foi caso da concentración organizada polo Concello da Coruña, da marcha reivindicativa á que se adheriron as institucións lucenses ou dos actos organizados pola Deputación de Pontevedra.

Xa pola tarde, a contorna do Obelisco coruñés, a rúa Sáenz Díez de Ourense, a Praza Maior de Lugo, a zona vella compostelá e, sobre todo, a área de Urzáiz en Vigo, tinxíronse de lila e inzáronse de reivindicacións feministas. No caso vigués a propia reivindicación contra a violencia machista uniuse ao malestar dos colectivos organizadores pola decisión do Concello de inaugurar o propio sábado pola tarde a o alumeado de Nadal a escasos metros da manifestación contra as agresións de xénero.

Concentración ante a casa do Concello da Coruña

Contra a violencia machista ante a Muralla de Lugo

Concentración feminista na Coruña

Mobilización en Ourense

Mobilización en Lugo

Manifestación en Lugo

Manifestación en Santiago

Un intre da manifestación en Vigo

Reivindicacións na manifestación de Vigo

Faixa principal na manifestación de Vigo

Lectura do manifesto na mobilización da Coruña

Remate da protesta en Vigo

Remate da manifestación en Santiago

Na rúa contra a violencia machista polo 25N

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.

Os principais equipos deportivos galegos asumen o chamado contra a violencia machista

Os principais equipos deportivos do país secundaron nos últimos días as campañas e chamados institucionais e sociais contra a violencia machista ao fío do 25 de novembro, tanto espallando mensaxes ao respecto nas redes sociais como amosándoas nos seus encontros desta semana e da anterior. Nesta liña, a Federación Galega de Fútbol acordou coa Xunta que en todos os encontros de Primeira, Segunda e Segunda B se amosase o símbolo do lazo lila.

Integrantes dos equipos masculino e feminino do Dépor apoian a campaña En negro contra as violencias machistas, que tamén foi difundida en Riazor este domingo durante o encontro co Atlhetic de Bilbao / RC Deportivo

Os xogadores do Celta loceron os panos da campaña da Xunta polo 25N antes do seu partido en Balaídos ante o Leganés / RC Celta

O Club Deportivo Lugo adheriuse á campaña 'En negro', que apoiou a través deste vídeo e tamén no Ángel Carro, onde xogou este domingo fronte ao Osasuna

No partido do Obradoiro ante o Iberostar Tenerife os valos do Fontes do Sar amosaron a campaña En negro contra as violencias / CAB Obradoiro

O Breogán uniuse á campaña 'En negro' no seu partido da pasada semana como local, onde tamén secundou a acción o seu rival, o Manresa / CB Breogán

O plantel do Básquet Coruña uniuse á campaña 'En negro contra a violencia machista' / Leyma Básquet Coruña

As xogadoras do Uni Ferrol, coas camisolas de 'En negro contra a violencia machista' / Uni Ferrol