0 Gardados para despois

Vigo, primeira cidade galega na que o bus parará ás mulleres que o pidan en calquera lugar da ruta durante as noites

David ReineroDavid Reinero | @DReinero


O Concello de Vigo vén de anunciar que a partir do próximo venres día 16 de febreiro todos os autobuses urbanos que circulen entre as 22.30 e as 6.30 horas, incluídas as tres rutas de buses nocturnos da cidade, pararán ás mulleres que o pidan en calquera lugar dos seus percorridos. A medida implántase no servizo urbano que presta Vitrasa “co fin de incrementar a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos”.

A medida implántase no servizo urbano que presta Vitrasa “co fin de incrementar a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos”

Bilbao foi a primeira gran cidade en implantar en España, a comezos deste mesmo ano, unha medida que xa se viña aplicando noutras cidades europeas. Segundo o Concello de Vigo, a posibilidade de solicitar ao condutor ou condutora do autobús, en horario nocturno, que pare en calquera punto da ruta, sen que sexa unha parada preestablecida, estenderase tamén ao “resto de usuarios do transporte público da cidade que polas súas circunstancias o soliciten”. “Poderán baixarse do autobús a demanda en calquera momento do traxecto empregando a porta dianteira para evitar riscos de tráfico”, indica o Concello.

“Vigo é unha cidade segura”, salientou sobre a nova medida o alcalde, Abel Caballero, para engadir que a iniciativa pretende “seguir facéndoa máis” aínda.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.