0 Gardados para despois

Vigo acolle este domingo a marcha unitaria do feminismo galego previa á histórica folga do 8M

Redacción | @prazapublica

Unha manifestación unitaria do feminismo galego terá lugar este domingo 4 en Vigo, como previa e impulso da xornada histórica de folga convocada para este 8-M, Día Internacional da Muller. A marcha, descentralizada por primeira vez fóra de Compostela e co obxectivo futuro de que rote por distintas cidades de Galicia, busca difundir o paro xeral de mulleres do xoves que vén.

A marcha está convocada por Galegas 8M, plataforma que xunta sobre uns trinta colectivos feministas, así como moitas mulleres a título individual, e chama a todas as que viven e  están vinculadas ao país para saír á rúa só uns días antes de que se leve a cabo "a primeira folga de mulleres feminista" e á que chaman a "sumarse" a nivel "internacional, multilingüe e intersectorial, desde as nosas realidades, experiencias e vidas diversas, para dar un paso á fronte e transformar para sempre a vida de todas".

A manifestación unitaria deste domingo en Vigo sae ás 12 do mediodía dende Vía Norte

Tal e como se aclara no manifesto unitario, Galegas 8M apostan por unha xornada "como día de loita, logo de anos de ser utilizado como mera conmemoración" e "rescatando este día para a loita feminista arrancándoo dos rituais institucionais nos que pretenden encerralo". O texto reivindica as moreas de razóns polas que as convocantes chaman á folga e aposta por "facer que este mundo sexa tamén" das mulleres, "máis igualitario e mais xusto!".

cabeceira evento

                                  Cartel da manifestación e da folga de mulleres do 8M

A marcha sairá dende Vía Norte (esquina Urzáiz) de Vigo ás 12 do mediodía e ten previsto a súa chegada ás 14 horas á Praza do Berbés, onde se lerá o devandito manifesto e onde haberá actuacións das batucadas galegas. Galegas 8M busca que o "protagonismo absoluto" da xornada sexa para as mulleres e para as organizacións feministas, polo que piden que se respecte "unha certa orde" que facilite esa "visibilización". Po riso, acordaron que en primeiro lugar da manifestación vaian os colectivos de mulleres e feministas non mixtos, para a continuación situarse as secretarías, vogalías e/ou representantes das mulleres das organizacións mixtas (sindicatos, plataformas, asociacións…). "Pregamos aos homes que veñan pola súa conta a respectar o espazo das mulleres e situarse neste bloco mixto", din.

Vídeo da campaña de apoios á manifestación e á folga do 8M / Galegas 8M

Galegas 8M anima tamén as asistentes a pasar a tarde no Berbés, onde haberá actuacións desde as 15 horas até as 18.30. Haberá un recital poético a cargo de Lupita Hard, Nuria Vil, Xina Vega, Neves Soutelo, Elvira Riveiro, Silvia Penas e Marta da Costa, co acompañamento de Señora DJ. Ademais, tocarán Su Garrido, As Punkiereteiras e As Ghatas Salvaxes.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.

Feijóo advirte de que o PP non utilizará o 8-M "para sacar pancartas" nin "para gañar votos"

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cargou contra a folga feminista deste 8 de marzo. Malia amosar o seu "respecto" por ela, o tamén presidente do PPdeG advertiu de que o seu partido utilizará o Día da Muller "non para sacar pancartas", senón para revisar os compromisos cumpridos e os retos pendentes. Ademais, pediu que a igualdade non se converta nunha "trincheira política" nesa xornada, nin nun "campo de xogo para gañar votos". Así, pediu que se aproveitase en cambio para facer "exame" dos retos pendentes, instando á oposición a participar para "enriquecer" as medidas propostas polo Goberno autonómico.

Feijóo pediu que a igualdade non se converta nunha "trincheira política" nesa xornada, nin nun "campo de xogo para gañar votos"

"Impulsamos a igualdade con propostas e non con protestas, impulsamos a igualdade con feitos e non só con palabras, impulsamos a igualdade con medidas obxectivas e non só con pancartas", insistiu ao termo do acto acto Mulleres facendo Galicia, organizado polo PPdeG e celebrado en Palexco, na Coruña no que tomaron a palabra deportistas, empresarias ou traballadoras, así como a secretaria xeral de Igualdade e coordinadora do PPdeG nesta materia, Susana López Abella, e a conselleira de Medio Ambiente e presidenta do PP local, Beatriz Mato.

"A esquerda votou en contra da primeira Lei de Igualdade de Galicia", dixo Feijóo, que engadiu que "ogallá algúns partidos deixen de usar estas reivindicacións só para gañar votos"