0 Gardados para despois

E ti? De que vives? Sobrevives?

Redacción | @prazapublica

O blog Canibalismo Patrimonial Periférico reflexiona sobre os mecanismos de financiamento dos proxectos colectivos que se moven na innovación e o procomún.

Dende hai un par de meses andamos a cavilar sen parar en cuestións de financiamento. En como facer sostíbel o noso traballo. En como sobrevivir co que facemos

Esta semana iniciamos cunha nova en Praza de luns negro. Unha chamada os lectores para que fagan achegas para o mantemento de tan necesario medio de comunicación independente da Galiza do futuro… do presente que diantre! Miramos a portada e bufamos. Igualiño a nós, pensamos, baixo a nube gris da precariedade.

Dende hai un par de meses andamos a cavilar sen parar en cuestións de financiamento. En como facer sostíbel o noso traballo. En como sobrevivir co que facemos. O noso chiringuito e o traballo colaborativo que con ganas tiramos adiante, até o de agora tense mantido con traballo gratuíto, cheo de emoción e de actitude, mais que acaba converténdose nun exercicio de auto-precarización cando se mantén no tempo, retomando o artigo no blog de Urbano Humano No Future! I’m Real. I’m Now.

Unha categoría mancomunada de protección patrimonial que liberamos na rede e que, por veces lígase e enrédase de novo con outros elementos químicos, coma neste caso o ThinkCommons, ligazón da que xurde o #BICommons

Onte estivemos a pasar un boa tarde con Domenico di Siena, compañeiros de batallas, amigos e colaboradores na sesión dos mércores da plataforma de pensamento en rede ThinkCommons, á que hai uns meses Dome nos convidou, para falar do que estamos a argallar dende Niquelarte na Galiza, as redes físico-dixitais e glolocais e algúns dos proxectos en marcha como o #BIComun, que nace da fusión do BIC (categoría oficial de máxima protección de Ben de Interese Cultural) e o Procomún (aqueles bens que pertencen a todos, herdados e que se transmiten ao futuro…). Unha categoría mancomunada de protección patrimonial que liberamos na rede e que, por veces lígase e enrédase de novo con outros elementos químicos, coma neste caso o ThinkCommons, ligazón da que xurde o #BICommons.

Como é que sobrevivimos? Como conseguirmos ser sostíbeis no que facemos? Como vai evoluír o BIComun? Máis ben, como é que imos evoluír nós? Páganse as colaboracións?

Onte non tivemos tempo de falar de algo que é imprescindíbel nestes tempos e que está a ser un debate moi forte e intenso tamén no Níquel. Como é que sobrevivimos? Como conseguirmos ser sostíbeis no que facemos? Como vai evoluír o BIComun? Máis ben, como é que imos evoluír nós? Páganse as colaboracións?

Temos recorrido a varias fontes, petado en diferentes portas para procurar quen pode ter a capacidade de nos axudar a nos facer realmente sostíbeis. Estas son as nosas reflexións:

Administración Pública. Hai que diferenciar entre as administracións locais, provinciais (deputación) e estatais. Se es asociación, non podes estar nos tres rexistros e tes de decidir en que lugar xogas, definindo que o modo territorial ten un sentido que xa non ten neste mundo glolocal. Unha vez decides en que rexistro estás e cumpres toda unha serie de requisitos, podes comezar a ler pregos e convocatorias que sabes que terás que encher á velocidade da luz.

Na local non pidas moito, para ter opcións. Os seus tempos difiren dos dun freelance inestábel, un knowmada que procura ás veces vincularse ao territorio. Non hai canles de debate sobre os tempos e os modos de traballo e facturación. Debes moverte nun mundo híbrido no que os papeis oficias e esa facturación, ás veces nada ten que ver co que hai despois que facer na realidade; é para axustar as cousas disque. Así que código oficial, código de acordo entre a túa proposta e mundo oficial e código interno de estruturación. Triplicando traballo que nada ten que ver cos contidos-calidade real do proxecto. Non importa o que fagas, o importante é conseguir que o teu proxecto circule polas pantallas e venza os diferentes monstros burocráticos.

As convocatorias estatais en si mesmas son unha proba de resistencia e tenacidade na procura dun código, para poder inserir unha proposta a través da rede do ministerio enreda, e o que fai é que perdas tempo até límites insospeitados. Desgaste. Enfado. Baremos que non fomentan proxectos innovadores e colaborativos senón dinosauros da xestión cultural que se visten de innovación e industria creativa.

Tecido empresarial. Este é o eido menos explorado por Niquelarte, mais a experiencia que recollemos lévanos a pensar que na Galiza as PEMES andan un chisco xustas, e polo tanto sen un can para investir en responsabilidade social ou en coñecemento, embora estamos convencidas de ser este, o coñecemento, un piar fundamental para desenvolvemento destas pequenas e medianas empresas no futuro

Mais non estaremos perente a nosa propia burbulla (mais modesta que as do poder financieiro of course)? A burbulla do Crowfounding?

Crowdfunding. Todos andamos a facernos achegas entre todos. Niquelarte apoia Fiare, Adtlántida.tv, Cinetínere e Praza a través do Níquel ou a título individual, mais tamén a nivel persoal cada un de nós, intentando rañar nos petos e facer números para apoiar, con 5 euros por aquí, e unha vaca de 25 por alí. Investimos neses proxectos que están por saír ou xa a funcionar e nós tamén cremos ou investimos cartos nos nosos propios proxectos pero están esperando poder facerse. Mais non estaremos perente a nosa propia burbulla (mais modesta que as do poder financieiro of course)? A burbulla do Crowfounding?  Dilemas. Cada BIComún precisa dunha achega pequena en material, pero detrás hai un traballo intenso, ideas, metodoloxía, mails cruzados, reunións polo hangout, en físico, idas e voltas, intercambios, etc.

O traballo colaborativo tamén ten esta cualidade: que é mais lento e complexo, aínda que cremos que con mellores resultados. Ademais baséase nun acordo entre partes de como estruturalo; como armar tarefas e reflexións en conxunto que son papel de todos e de ningún; como orzamentar este traballo e, o máis difícil, como facturalo dentro dos cánones e partidas institucionais. Mais preguntámonos ata onde chegará esta capacidade de micro-financiamento e se é sostíbel. Se eses proxectos que funcionan precisan de toda unha rede para se publicitar, facelo posíbel, lograr que cheguen esas axudas, mentres outros fican atrás ou no esquecemento.

Institucións de formación superior. Un sistema pedagóxico anquilosado incapaz de xerar aínda liñas de investigación neste campo, están a morrer e precisan de reconstrución.

Todo son preguntas e, polo momento, poucas respostas. Pode que haxa un economista na sala ou un xestor cultural que queira botarnos unha man?

Todo son preguntas e, polo momento, poucas respostas. Pode que haxa un economista na sala ou un xestor cultural que queira botarnos unha man? Así nós poderemos centrarnos nas nosas programacións didácticas, nos nosos píxeles e imaxes gráficas, na nosa edición e escritos on-line, nas fotos, na montaxe conxunta das ideas, nas exploración e reunión física.

Se cadra o ecosistema do estado non é apropiado neste momento, pode que a emigración sexa parte dunha solución a facer cousas. Houbo unha época na que as escolas galegas bebían de ideas innovadoras traídas de alén do mar, duns inmigrantes con recursos que, sempre vinculados a súa aldea raíz, seguían procurando e traballando para construír mundos novos. Pode que teñamos que facer coma eles, coller as ideas innovadoras de aquí para alí, traballar e poñelas en práctica. Practicar a praxe naquela beira e despois, cando xa sexamos sostíbeis economicamente, voltar ás terras galaicas para artellarmos esas novas propostas educativas híbridas.

A realidade é gris e polo tanto precisamos facer fronte á hostilidade do sistema, hai que elevar a conciencia crítica e unirse non só para intentarmos construír alternativas ás cousas

Outro conto é tamén que de ficar precisamos deconstruír para seguir avanzando. E segundo nós, isto pasa por un proceso de politización. Non podemos seguir nada máis falando de cousas fermosas, de construír un mundo novo, de cousas en positivo. A realidade é gris e polo tanto precisamos facer fronte á hostilidade do sistema, hai que elevar a conciencia crítica e unirse non só para intentarmos construír alternativas ás cousas. Pode que a desobediencia baseada en redutos das leis que non se cumpren e un intento de posta en marcha de códigos dende o consenso social ligado ao territorio, sexan necesarios.

As lecturas de Zoopolitik, libro colectivo escrito en aberto, tamén son unha grande inspiración para nós. Dende aquí abrimos o debate dalgo que cremos nos preocupa a todas.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.