Stop Desafiuzamentos Compostela amosa a súa preocupación polo proveito que, ao seu xuízo, determinados colectivos, dos que pon en dúbida as súas verdadeiras intencións, estean a tirar proveito da loita contra os desaloxos e do drama das persoas e familias afectadas. Refírense, en concreto, "a institucións oscurantistas e sinistras como Red Madre" que son, din, "financiadas con diñeiro público (Xunta, Unión Europea, etc.) e diñeiro procedente de dous dos maiores estafadores hipotecarios (La Caixa e NovaGalicia Banco) e que forman parte do armazón deste sistema que exerce a súa violencia sobre o pobo".
Denuncian que esta entidade se aproveita "da xente en situacións de extrema vulnerabilidade para facer negocio da miseria e funcionar como altofalante das ideas máis rancias da dereita cavernaria"
Denuncian que esta entidade se aproveita "da xente en situacións de extrema vulnerabilidade para facer negocio da miseria e funcionar como altofalante das ideas máis rancias da dereita cavernaria". E sinalan que "fronte aos seus valores de caridade mal entendida e pasividade fronte aos ataques dos poderosos nós queremos opor a solidariedade, a dignidade e a loita como o único camiño para a defensa dos nosos dereitos". E engaden que "nós non facemos ceas-gala presentadas por Miss Galicia, nin os conselleiros relaciónanse connosco, nin os bancos dannos propinas pero logramos gañar todas as batallas contra os desafiuzamentos nas que nos vimos envoltos".
Stop Desafiuzamentos Compostela anima as familias ameazadas por desaloxos "que se organicen e que lle planten cara aos estafadores e non se deixen seducir por encantadores de serpes e lobos con pel de cordeiro como Red Madre"
Lembran que cada día se produce unha media de 5-7 desafiuzamentos en Galicia e iso son moitas familias, o que evidencia "que o drama dos desafiuzamentos é unha realidade a pesar de que bancos e instancias gobernamentais poñan todo o seu empeño en esconder. Os desafiuzamentos son unha das maiores expresións de violencia que este sistema depredador exerce sobre o pobo e mentres este problema persiste o goberno segue rescatando bancos e creando institucións como o banco malo (Sareb) convertendo a miseria do pobo en grandes oportunidades de negocio e especulación para os fondos de investimento".
Stop Desafiuzamentos Compostela conclúe animando as familias que se atopen en situación de ameaza de desafiuzamento "que se organicen e que lle planten cara aos estafadores e non se deixen seducir por encantadores de serpes e lobos con pel de cordeiro como Red Madre" pois "o camiño á dignidade pasa pola loita e non pola caridade-pasividade".