Comuneiros de Cabral interpoñen unha nova demanda xudicial contra a Xunta Reitora por falsear as Contas

Intervención da xunta reitora da Comunidade de Montes de Cabral Dominio Público O monte non se vende

Comuneiros de Cabral presentaron o pasado 30 de xullo unha nova demanda xudicial contra a Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral por falsear a aprobación de Contas. Sinalan que na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 1 de xuño "como mínimo 223 comuneiros votaron en contra das contas presentadas pola Xunta Directiva, censurando a súa xestión". Porén, a pesar disto o presidente da Comunidade "certificou que só votaron en contra 140 comuneiros, fronte a 183 que votaron a favor, e declarou aprobadas as súas contas, falseando o resultado da votación". Os comuneiros denunciantes contan con gravacións audiovisuais da Asamblea, nas que se aprecia claramente -destacan- o resultado real da votación, así como 223 declaracións asinadas por comuneiros que votaron en contra.

Os comuneiros tamén denuncian gastos non xustificados por importe de 200.000 euros nun período de tres meses, e un desfase de tesourería que ascende a 40.263,40 euros, que a Xunta Directiva se nega a explicar e para cuxa aclaración os comuneiros se ven obrigados a acudir ao auxilio xudicial.

"A única razón pola que se aferra ao cargo son os seus intereses e compromisos na promoción de Porto Cabral, xerando unha crise sen precedentes na Comunidade e poñendo en perigo a preservación do patrimonio comunal"

Esta é a segunda demanda xudicial de impugnación de contas que os comuneiros interpoñen contra a Xunta Directiva, tramitándose a primeira no Xulgado de Primeira Instancia número 10 e esta segunda no Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo. Ademais, a Fiscalía de Vigo denunciou o pasado o Presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Cabral por apropiación indebida e xestión desleal, unha demanda que está sendo tramitada no Xulgado de Instrución número 8 de Vigo. Neste caso, Luis Rodríguez foi xa imputado o pasado mesde maio.

Os comuneiros consideran que a situación do Presidente da Xunta Directiva "cercado por accións xudiciais e carente do apio dos veciños" resulta "insostible". Engaden que "a única razón pola que se aferra ao cargo son os seus intereses e compromisos na promoción de Porto Cabral, xerando unha crise sen precedentes na Comunidade e poñendo en perigo a preservación do patrimonio comunal".

Intervención da xunta reitora da Comunidade de Montes de Cabral Dominio Público O monte non se vende
O monte de Liñeiriños (Vigo) Dominio Público O monte non se vende

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.