Unha axuda económica para que Bernardo Bastida non entre na cadea logo de ser condenado a 13 meses de prisión por delitos de desobediencia grave e coaccións que terían sido cometidos na acción que en 2007 bloqueou a "entrada ilegal" do primeiro gaseiro -o Galicia Spirit- cargado con GNL na ría de Ferrol con dirección a Reganosa. Son trece meses de cárcere ou o pago de 2.700 euros, a cantidade que se debe xuntar para que o antigo patrón maior da confraría ferrolá acabe entre reixas.
O ex patrón maior foi condenado por desobediencia grave e coaccións no bloqueo do gaseiro en 2007
Foi naquel maio de 2007 cando a imaxe dun gaseiro bloqueado na entrada da ría de Ferrol encheu portadas de todos os medios de comunicación galegos e doutras moitas partes. Na acción convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) participaran centos de cidadáns, incluidos os mariscadores, que impediron a "entrada ilegal" daquel primeiro gaseiro con destino á discutida Reganosa. "Rachábanse os muros de silencio sobre a barbaridade dunha planta de gas reubicada dentro da ria", lembra o CCE.
Bastida foi condenado a 13 meses de cade ou ao pagamento de 2.700 euros para eludir a cadea
Logo daquela acción de protesta, Bernardo Bastida foi condenado a 13 meses de prisión ou ao pago de 2.700 euros para eludir unha cárcere á que se vería obrigado a entrar de non xuntar os cartos e por mor de antecedentes que derivan doutras accións en defensa dos mariscadores da zona. A pena tamén é conmutable con traballos en beneficio da comunidade, pero a delicada situación de saúde do ex patrón maior impídelle levalos a cabo.
A cantidade establecida, xa que logo, ten que ser abonada o antes posible. Por iso, o Comité Cidadán de Emerxencia "chama a toda a cidadanía a colaborar contribuindo cunha axuda económica para impedir que Bernardo Bastida entre na cadea" por unha condena que, segundo denuncian, "reflicte a situación dun país onde os corruptos pasean con total impunidade e aqueles que defenden a legalidade, a vida e a ría son condenados".
"A planta de gas de Reganosa é un exemplo de corrupción político- financieira, e todas as persoas de ben estivemos con Bastida fechando a ria aquel mes de maio do 2007", lembran para rematar desde o CCE, que facilita o número de contas e os datos para posibles achegas.
Conta Corrente no Banco Santander
Titular: Luz Marina Torrente e outros
IBAN: ES71 0049 3315 77 2894017995
Concepto: Axuda Bernardo Bastida