Cangas acollerá a asemblea estatal das Marchas da Dignidade o 17 de xaneiro

Asemblea nacional das Marchas da Dignidade galegas Dominio Público @frentepg

A asemblea de coordinación estatal das Marchas da Dignidade celebrará a súa vindeira en xuntanza en Galicia. Tal e como adiantara Praza, será o vindeiro 17 de xaneiro e o lugar elixido finalmente é Cangas do Morrazo. Neste cónclave, no que se prepará a axenda de mobilizacións deseñada cara ao ano 2015, estarán presentes máis de sesenta representantes das diferentes organizacións e territorios do Estado que forman parte deste movemento que o pasado 22 de marzo reuniu milleiros de miles de persoas en Madrid e que celebrou outras importantes mobilizacións, como a que en Galicia encheou o Obradoiro o pasado 19 de novembro.

Máis de sesenta representantes das diferentes organizacións das Marchas reuniranse en Cangas

Como prólogo deste encontro, o venres, 16, ás 20 horas, está prevista a celebración dun acto público, onde tomarán a palabra os distintos portavoces das organizacións sindicais, sociais ou políticas integradas nas Marchas da Dignidade. Xa o día 17, no salón de plenos do Concello, terá lugar a asemblea en sesións de mañá e tarde.

Cofirmaron  xa a súa asistencia ao cónclave os sindicatos IAC de Catalunya, o SAT andaluz, o ESK vasco, a Confederación Intersindical, a CGT, a CNT, Intersindical Valenciana e COBAS. Tamén ATTAC, Campamento de la Dignidad de Estremadura, Frente Cívico-Somos Mayoría e Corriente Roja, aos que se unirán máis centrais, organizacións sociais e políticas de Asturias, Catalunya, Euskal Herria, Madrid, Andalucía, Murcia e Valencia. Será tamén a forma de recoñecer a forza e activismo da Columna Galega, unha das máis activas dun movemento que prevé un bulideiro 2015.

O cónclave preparará a axenda de mobilizacións para este ano, que prevé unha folga xeral o 22 de outubro

Na asemblea de Cangas debaterase e praparanse os detalles para a folga xeral que o vindeiro 22 de outubro teñen previsto convocar as Marchas da Dignidade e todas as organizacións que as apoian. Tamén prevén repetir a multitudinaria mobilización do pasado 22 de marzo con outra que seguirá o mesmo modelo e que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de marzo, tamén en Madrid.

Ademais, as Marchas tamén teñen previsto convocar marchas polo Primeiro de Maio, unhas mobilizacións que "non significan invisibilizar o papel dos sindicatos clasistas e alternativos", senón "a necesidade de compartir o protagonismo cos movementos sociais, na liña estratéxica da unidade obreira e popular".

Vista xeral da praza do Obradoiro polo 29N CC-BY-SA Praza Pública
Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.