Galicia, sen mocidade quedas que te poida traballar

Aeroporto de Lavacolla © Aena

Os datos pesan máis que a retórica. Estatística tras estatística constátase a perda de poboación nova en Galicia, polos motivos xa coñecidos: baixa natalidade, unha constante e masiva emigración de mozos e mozas a outros territorios do Estado e ao extranxeiro, e a escasa capacidade de Galicia e atraer inmigración nova. As cifras poboacionais de referencia publicadas hai uns días polo IGE, a partir das últimas estimacións intercensais de poboación do INE, constatan este descenso consolidado: nos últimos cinco anos o número de persoas menores de 35 anos residentes en Galicia reduciuse nunhas 115 mil persoas (un 11,4% menos). O descenso real é seguramente maior, pois moitas persoas que marchan tardan aínda un tempo en oficializar o seu novo empadroamento. As cifras da EPA, por exemplo, sinalan unha diminución de 142 mil mozos e mozas entre 16 e 35 anos dende 2008

O descenso real é seguramente maior, pois moitas persoas tardan un tempo en oficializar o seu novo empadroamento. As cifras da EPA sinalan unha diminución de 142 mil mozos e mozas entre 16 e 35 anos dende 2008

O descenso prodúcese nas 53 comarcas que forman o país e en absoluto é un fenómeno que afecte exclusivamente ás zonas rurais aos concellos pequenos. As cidades e as comarcas urbanas tamén quedan sen mozos e mozas. De feito, resulta particularmente preocupante a situación de Ferrolterra, que perde case 8 mil persoas dende o 2009 (un 13%), ou o de Vigo, con 21 mil menos (un 12,5%). O mesmo sucede en comarcas importantes e cunha innegable vitalidade, coma O Morrazo (12,37%), Barbanza (-11,3%) ou O Salnés (-10,5%).

As maiores caídas prodúcense en A Fonsagrada (-21%), O Ribeiro (-20,76%), Terra de Celanova (18,82%), Muros (-17.7%), O Carballiño (-16,85%), A Baixa Limia (-16,84%), Terra de Soneira (-16,3%), Valdeorras (-15,56%), Terra de Montes (-15,38%), Deza (-15,34%), A Mariña Occidental (-14,9%), Fisterra (-14,4%), Sarria (-13,72%), Terra Chá (-13,35%), Noia (-13%), Eume (-12,9%) ou Ordes (-12%).

Se comparamos o dato de 2014 co de 2004, observamos que a caída se amplía ata un 15,7% no conxunto de Galicia, 174 mil mozos e mozas menos. En Ferrol, ese descenso é do 19,8% e en Vigo supera o 17%. Comarcas coma A Fonsagrada (-35%), A Baixa Limia (-35%), O Ribeiro (-32,6%), Muros (-30,16%), Terra de Celanova (-29,95%), Terras de Soneira (-28,4%), Noia (-23%) ou Valdeorras (-22,8%) perderon nunha década un cuarto e mesmo un terzo da súa poboación menor de 35 anos.

  2004 2009 2014
Galicia 1.070.735 1.011.741 896.792
Arzúa 6.318 5.491 4.890
Barbanza 28.949 27.249 24.174
A Barcala 4.083 3.722 3.358
Bergantiños 26.824 24.550 21.804
Betanzos 13.410 12.589 11.403
A Coruña 148.871 146.421 132.202
Eume 10.723 9.417 7.929
Ferrol 61.052 56.667 48.924
Fisterra 9.560 8.411 7.199
Muros 5.558 4.704 3.869
Noia 14.131 12.525 10.894
Ordes 14.788 13.901 12.218
Ortegal 5.056 4.157 3.351
Santiago 63.659 63.608 58.912
O Sar 6.946 6.356 5.543
Terra de Melide 4.789 4.178 3.683
Terra de Soneira 7.750 6.655 5.563
Xallas 5.971 5.188 4.226
Os Ancares 3.707 2.976 2.430
Chantada 4.729 4.073 3.513
A Fonsagrada 1.854 1.502 1.183
Lugo 43.644 42.940 39.311
A Mariña Central 11.078 10.856 9.649
A Mariña Occidental 10.300 9.692 8.242
A Mariña Oriental 5.631 5.448 4.755
Meira 1.856 1.529 1.353
Quiroga 1.853 1.496 1.255
Sarria 8.234 7.458 6.429
Terra Cha 14.803 13.091 11.343
Terra de Lemos 10.053 9.161 8.199
A Ulloa 3.283 2.902 2.477
Allariz-Melide 4.456 4.192 3.901
Baixa Limia 2.378 1.858 1.538
O Carballiño 9.483 8.873 7.371
A Limia 7.212 6.505 5.735
Ourense 54.234 51.397 46.270
O Ribeiro 5.790 4.916 3.899
Terra de Caldelas 984 715 590
Terra de Celanova 6.004 5.186 4.207
Terra de Trives 1.475 1.225 1.001
Valdeorras 10.599 9.691 8.182
Verín 9.117 8.498 7.610
Viana 2.295 2.070 1.868
O Baixo Miño 20.999 20.783 18.697
Caldas 14.975 13.907 12.337
O Condado 16.771 17.322 15.852
Deza 16.625 15.640 13.247
 O Morrazo 36.959 34.352 30.097
A Paradanta 5.354 4.757 4.119
Pontevedra 50.235 47.952 44.195
O Salnés 47.326 45.611 40.820
Tabeirós-Terra de Montes 10.565 9.375 7.929
Vigo 177.448 168.000 147.153

Poboación de menos de 35 anos nas comarcas galegas. Fonte: IGE

Aeroporto de Lavacolla © Aena

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.