Un instituto das Nacións Unidas recoñece o proxecto educativo 'A mina contamina' ao redor de San Finx
O Instituto para o Estudo Avanzado da Sostibilidade selecciona unha ducia de "boas prácticas educativas" a nivel mundial sobre a produción e o consumo responsables. Entre elas figura unha galega, realizada polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade, e que inclúe un libro infantil, unha obra de teatro, unha unidade didáctica e un documental