Israel denega o acceso a Gaza a varios deputados, entre eles Gómez-Reino, de En Marea

Gómez-Reino nunha imaxe de vídeo captada por el mesmo ante o muro de Palestina Dominio Público @AntonGomezReino

Israel vén de denegar o acceso á Franxa de Gaza a unha delegación de doce membros do Congreso dos Deputados que pretendían visitar proxectos da axencia da ONU para os refuxiados en Palestina (UNRWA). No grupo hai membros de PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos e as súas confluencias, entre eles o galego Antón Gómez-Reino, de En Marea.

Doce membros do Congreso de varias formacións pretendían visitar os proxectos da ONU en Palestina

O propio Gómez-Reino difundiu a súa situación na súa conta de Twitter: “Israel impide-nos, até o momento, a entrada em Gaza. Gaza é, segundo a legislaçom internacional, um território palestino dentro das fronteiras do 68 e polo tanto soberano. Um governo ocupante, sem legitimidade, impide-nos entrar”, chiou.

O representante de Podemos, Pablo Bustinduy, salientou como “estraño que España recibira o presidente de Israel hai dous meses e que hoxe non nos deixen entrar noutro país sen dar explicacións”. A delegación, que chegou o venres para unha visita dunha semana, visitou este domingo instalcións da Media Lúa Vermella en Cisxordania, onde tamén mantiveron unha reunión con deputados e deputadas palestinos. A delegación prevé manter tamén un encontro co presidente palestino Mahmud Abás.

Gómez-Reino con outros membros da delegación que visita Palestina Dominio Público @AntonGomezReino

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.