Un total de 321 nenos saharauis chegaron onte a Galicia para pasar o verán co programa Vacaciones en Paz 2013. Serán acollidos por familias de todas as provincias, sobre todo da cidade Vigo.
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) organizou onte na praza de Praterías en Santiago a recepción dos nenos. Asistiron os familiares, membros da asociación e políticos como Montse Prado do BNG, Sofia Díaz de EU, Carmen Pardo do PPdeG e Carmen Gallego do PSdeG. No acto tamen participou o delegado saharaui en Galicia, Alali Emboiric Mohamed, que denunciou o "longo e inxusto" conflicto que sofre a súa terra así como a caída que se produciu na axuda humanitaria ao Sáhara con motivo da crise. Non desaproveitou o momento para denunciar a violación dos dereitos humanos que se seguen a producir e a actitude de Marrocos, que "rouba as riquezas do pobo saharaui".
Galicia é a terceira comunidade que máis nenos saharauis acolle, despois de Andalucía, onde pasarán o verán 1.200 nenos e Castilla La Mancha, onde o pasarán 385. Maite Isla, da SOGAPS, destacou que por poboación, son os galegos os que máis acollen. Despois de Galicia sitúase Catalunya, Comunitat Valenciana e Madrid, que recibirán 306 cada unha.
Galicia é a terceira comunidade que máis nenos saharauis acolle e por poboación, a primeira
Este programa vense desarrollando ano tras ano dende mediados dos 90 e está xestionado e apoiado por asociacións españolas de amigos do pobo saharaui, ONGs e o Frente Polisario. Segundo as asociacións, este proxecto propicia a saída temporal de nenos e nenas co fin de posibilitar varios obxetivos, entre os que destacan a realización de recoñecementos médicos e tratamentos que resultan imposñibeis de realizar nos campamentos de refuxiados, proporcionarlles un equilibrio nutricional que lles permita recuperar os niveis de nutrientes precisos e tamén darlles unha saída as duras condicións dos meses de verán nos que as temperaturas poden alcanzar os 50 graos centígrados. Ademáis manifestan a situación na que actualmente viven no Sáhara Occidental.
Os obxetivos son proporcionarlle recoñecementos médicos, un equilibrio nutricional, unha saída ao duro verán nos campamentos e a denuncia da situación do seu país
Durante este programa 2013 o proxecto Daia Sahara, de Pilar Casado e Jorge Guardado, escolleu Galicia como unha das comunidades onde se rodará parte do documental sobre "Vacaciones en Paz" para relatar a estadía en España de tres nenos saharauis e a relación coas súas familias de acollida.