- Entrevista | Tereixa Constenla
- Mundo
A "maxia" do 25 de abril no que o pobo portugués se erixiu "en dono da súa historia"
Falamos coa xornalista estradense Tereixa Constenla, correspondente de El País en Lisboa, que publica Abril é un país (Kalandraka), no que percorre a revolución dos caraveis a través das "microhistorias" que a Historia non puido devorar e un feixe de heroes e heroínas anónimas que hai hoxe 50 anos devolveron a democracia ao seu país.