Fagamos algo xa

O mes de Marzo rematou dun xeito especialmente tráxico por mor da violencia machista. Cinco vidas, entre elas as de dous nenos de moi curta idade, foron cruelmente segadas en tan so vinte e catro horas. Por este motivo, e como adoita suceder cada vez que unha muller e asasinada (que non morta), sucedéronse as concentraciós, os actos de repulsa, etc.

A 'Si, hai saída' ás veces cuestiónasenos e mesmo se nos critica de cando en vez pola nosa escasa participación neste tipo de actos ou noutros ainda mais chamativos. Nos non os condeamos, nin moito menos, e as víctimas merecen, que dúbida cabe, a nosa homenaxe e a nosa lembranza, pero non podemos por menos que indignarnos ante a dobre moral que este tipo de actos leva en demasiadas ocasións consigo.

Moitas das persoas que os secundan, e que mostran públicamente o seu xesto mais delorido non foron quen de actuar cando escoitaron os berros da sua veciña, cando viron os golpes no rostro da súa amiga, cando ela mesma lles contou nalgunha ocasión que sentía medo da sua parella e que temía pola sua vida. Para eles nas cousas de parella non se pode meter un!....Os trapos sucios lávanse na casa e non paga a pena meterse en problemas! Tampouco compartimos, é certo, o xeito de actuar dalgún colectivo que di “reivindicar” utilizando como ferramentas a descualificación e o ataque a quen non comparte as suas prácticas, malia que o respetamos.

Persoas que mostran publicamente o seu xesto mais delorido non foron quen de actuar cando escoitaron os berros da sua veciña, cando viron os golpes no rostro da súa amiga

En 'Si, hai saída' optamos polo traballo real, polo de verdade, co cal poidamos axudar as mulleres, os nenos, que están a sufrir un calvario, a saír do inferno e cremos firmemente que a verdadeira axuda, e cando se fai de corazón, non precisa de publicidade nin de circos mediáticos. É doado, moi doado, poñerse detrás dunha pancarta, berrar, sair nunha foto e despois.... A outra cousa, que a vida segue! Como tamén o é caer na tentación de, ao abeiro de algo tan doloroso, tan tremendo, como é a violencia machista, ter o noso minuto de gloria ou aproveitar para darlle un empurronciño á nosa campana política, que eso nunca está de mais.

O que xa custa mais á traducir isto en traballo de verdade, calado e continuado, día a día, do que ninguén ou moi pouca xente se vai enterar, pero do cal podo asegurar que é o que mais compensa. Cada vez que unha muller maltratada, un neno, sorrí de novo e nos dí que é grazas á nosa axuda dámonos conta unha vez mais de que non hai maior recompensa, de que non hai mellor agasallo e que o noso traballo paga a pena.

Traballemos para que tantas mulleres deixen de ser asasinadas polo feito de selo, para que tantos e tantos nenos atopen nos seus fogares o amor e a paz que merecen e deixen de vivir no terror cada día. Fagamos algo xa.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.