Programa turístico-gastronómico do ministro de Fomento para 2017-2019

O Ministerio de Fomento estableceu no seu día que, unha vez aprobada a inclusión dunha nova liña férrea de Alta Velocidade na REFIG (Rede Ferroviaria de Interese Xeral), o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) encargaríase de proxectalas e construílas con cargo ao orzamento desta Entidade que, como é lóxico, transfírelle o Ministerio de Facenda, mediante a asignación anual consignada nos Orzamentos Xerais do Estado. Cuestión diferente é de onde sae o diñeiro, o cal non afecta ao funcionamento das relacións Fomento-ADIF.

Unha vez realizado o proxecto de cada un dos tramos que compoñen a liña en cuestión, corresponde tamén a ADIF licitalas e adxudicalas, o que fai nun Consello de Administración que se reúne os últimos venres de mes. E, unha vez adxudicadas as obras de cada tramo, corresponde á empresa adxudicataria executalas, tal e como se atopen definidas no proxecto correspondente.

Pero o contratista non está só, nin desamparado, nin descontrolado, nin moito menos esquecido. A construción de cada liña de Alta Velocidade adscríbese a un equipo de control nomeado polo propio ADIF. No caso da LAV de Galicia, e na actualidade dirixido desde a máxima responsabilidade pola Directora Xeral de Explotación e Construción, a enxeñeira galega Isabel Pardo de Vera, que conta cun amplo e ben cualificado equipo para realizar o seguimento, semana a semana, da marcha das obras en cada tramo e dos problemas que poidan xurdir nos mesmos.

Para os 28 Contratos adxudicados dos 23 tramos en que se dividiron as obras de Plataforma nos 214 quilómetros que separan Zamora de Taboadela, poderiamos estar a falar dun exército de 200 persoas entre técnicos e administrativos, sen contar o persoal de seguridade. E en Adif non hai menos de 20 persoas a maiores para o seguimento e o control da LAV de acceso a Galicia

Membros deste equipo, que conta cunha Xerencia específica para o seguimento e activación do Corredor Noroeste de Alta velocidade, visitan con algunha frecuencia as obras, pero sobre todo baséanse nos informes das empresas de Asistencia Técnica contratadas especificamente para cada tramo, cuxo persoal traballa a pé de obra comprobando a execución, a calidade das obras, o seu cronograma e o custo das mesmas.

Para os 28 Contratos adxudicados dos 23 tramos en que se dividiron as obras de Plataforma nos 214 quilómetros que separan Zamora de Taboadela, poderiamos estar a falar dun exército de 200 persoas entre técnicos e administrativos, sen contar o persoal de seguridade. E en Adif non hai menos de 20 persoas a maiores para o seguimento e o control da LAV de acceso a Galicia.

Este longa e detallada exposición debe facernos pensar. Se en Madrid coñecen on line en que situación áchase cada quilómetro da liña, o que hai feito, o que falta por facer e os problemas técnicos ou económicos de cada contrato... Cal é a razón de que o Ministro se comprometese a visitar as obras cada tres meses? Talvez non se fía do seu equipo no Ministerio e en ADIF? Talvez as empresas contratadas para vixiar as obras, cuxo custo excede os 175 millóns, non están a cumprir o seu labor?

Di ben o Presidente Feijóo cando sentencia que "queda moi tranquilo porque o Ministro vai vir a Galicia cada tres meses..." a mostrarlle unhas fotos e uns gráficos de cores, mentres degustan algún prato de froitos do mar, acompañados de viños da terra...

Ou... Talvez as súas viaxes obedecen a unha simple manobra para tranquilizar o Presidente Feijóo, reuníndose con el e mostrarlle unhas fotos e uns gráficos de cores, mentres degustan algún prato de froitos do mar, acompañados de viños da terra? Se é así, dígase, porque en Galicia tratamos ben a quen nos visitan, aínda que só sexa por turismo e non se interpoñan no noso progreso.

Aínda así, como a palabra do Ministro ha de cumprirse pola súa propia dignidade, vexamos como deberían desenvolverse estas "visitas". Primeiro, Iñigo de la Serna dixo que o seu obxectivo é "comprobar in situ que se están cumprindo os prazos e poder dar explicacións". Iso obriga a que Adif informe e manifeste, desde xa, os fitos que deben estar realizados cada tres meses, de tal modo que o Ministro e o Presidente da Xunta pero, sobre todo os cidadáns, saibamos se de verdade se están executando os programas e investindo o orzamentado. Se o Ministro pensa "improvisar" o seu relato en cada ocasión, as súas visitas non valerán de nada, haberá que cualificalas de gasto superfluo e suntuario, porque non é posible realizar un control ou unha comprobación do cumprimento, se previamente non existe un detallado programa de fitos a alcanzar en cada período como referencia de contraste.

Ademais, está a loxística das viaxes. O ministro viaxará por estrada ou en helicóptero? 214 quilómetros de obra, máis da metade en terreos illados e de difícil acceso, non facilitan o realizar as "comprobacións" in situ nunha soa xornada, comprometendo o resultado das súas visitas, que deberán ao cabo, fiarse dos datos e informes que elaboran as empresas de vixilancia e control e, agrupados e sintetizados, os propios equipos de control de ADIF...

Di ben o Presidente Feijóo cando sentencia que "queda moi tranquilo porque o Ministro vai vir a Galicia cada tres meses..." a mostrarlle unhas fotos e uns gráficos de cores, mentres degustan algún prato de froitos do mar, acompañados de viños da terra...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.