0 Gardados para despois

Manuel Monge

“Kichi”, Monedero, Iglesias, a virxe do Rosario e o Estado confesional

Como o título saíu un pouco longo, comezo explicando quen son os protagonistas desta historia: “Kichi”, José María González, é o alcalde de Cádiz de Podemos, situado na corrente Anticapitalista; Juan Carlos Monedero é unha especie de ideólogo de Podemos; Pablo Iglesias é o líder de Podemos, e o de Estado confesional refírese á violación continuada do artigo 16.3 da Constitución Española: “Ningunha confesión terá carácter estatal”. O tema é que o concello de Cádiz, a iniciativa do PP e apoiado por PSOE, Por Cádiz Si Se Puede (PCSSP, é a marca de Podemos nese concello), Ciudadanos e o voto en contra de Ganar Cádiz en Común (marca de Esquerda Unida), aprobaba conceder a Medalla de Ouro da cidade á Virxe do Rosario. Foi unha iniciativa dos Dominicos, apoiada por 6.000 sinaturas, para conmemorar o 150 aniversario da proclamación desta Virxe como patrona da cidade.

Isto de Cádiz non é nada novo. O concello da Coruña xa concedera a Medalla de Ouro da cidade á Virxe do Rosario en agosto de 1960, pero eran outros tempos. O acto de imposición realizouse na praza de María Pita o 11 de setembro dese ano con asistencia do ditador Franco e a súa esposa. Agora é bastante frecuente a utilización con obxectivos políticos de deus, cristos, virxes, santos e santas etc. Segundo Europa Laica, distintas institucións nomearon 185 alcaldesas perpetuas, case todas virxes; 15 alcaldes perpetuos, a maioría cristos, e 15 medallas de ouro, ademais de algúns honores militares a entes relixiosos de todo tipo. Por se isto fose pouco, hai quen pretende en Pontevedra utilizar á virxe como recurso turístico e Rafael Domínguez Artime, concelleiro do PP, presentaba unha moción coa seguinte proposta de acordo: “Instar a la Junta de Gobierno Local, a la Diputación y a la Xunta de Galicia a promocionar la aparición de la virgen en nuestra ciudad, Pontevedra, en sus diferentes foros, como centro de actividad turística”.

A novidade está en que estas cousas se aproben en concellos gobernados pola esquerda –o de Cádiz preséntase como “concello do cambio”– e que teña como protagonista a un partido como Podemos, que fala de ruptura co réxime de 1978, novas formas de facer política etc. En ningún caso poden competir con Jorge Fernández Díaz, que fora ministro de Interior do PP de 2011 a 2016, e que concedeu, entre outras, a Medalla ao Mérito Policial a Nuestra Señora Santísima del Amor de Málaga e a Cruz de Prata da Garda Civil á Santísima Virgen de los Dolores de Archidona (Málaga), distincións que, por certo, foron moi criticadas por Pablo Iglesias.

Chama a atención a actuación contraditoria de Podemos, incapaz da mínima autocrítica, que tentou xustificar o inxustificable. Así, Juan Carlos Monedero escribía o artigo “¡Ahí va, la virgen!”: “La Virgen de los humildes, aun siendo cierto que trabaja más tiempo para los poderosos que para los pobres, ayuda a que los golpeados imaginen la vida un poco menos miserable. Y eso, nos guste más o menos, hay que respetarlo. Kichi, es Alcalde de Cádiz y de todos los gaditanos. Hace bien en escuchar al pueblo en el momento concreto en el que vive el pueblo” (Público, 28-5-2017).

Pablo Iglesias, líder de Podemos, manifestaba que ao principio non entendía esta decisión do alcalde de Cádiz, pero “él me convenció”: “Me habló del carácter de dignidad popular que significaba esa Virgen y que en una ciudad como Cádiz, con esa tradición anarquista y liberal, esa Virgen, tan vinculada a las cofradías de pescadores, no va unida al conservadurismo que nos podría parecer desde fuera. Yo creo que Kichi lo ha manejado de una manera muy laica en el sentido de que se trata de una muestra de respeto a los sentimientos populares demostrando que hay que convivir con distintos pareceres y tradiciones. Los urbanitas de izquierda tenemos que aprender a respetar esas tradiciones tan arraigadas en el pueblo" (Diario de Cádiz, 4-6-2017).

Alberto Garzón, secretario xeral de Esquerda Unida e portavoz adxunto de Unidos Podemos no Congreso, non compartía esta análise de Podemos e rexistraba unha pregunta escrita para saber se o Goberno de Rajoy "considera de verdad que las vírgenes y los cristos atesoran méritos reales a la hora de lograr un país más seguro" e preguntaba tamén se o Goberno pensa continuar con esta "práctica de reconocimiento idolátrico al santoral católico". Para Garzón  esta especie de populismo relixioso ten pouco encaixe institucional e democrático, criticaba que outras formacións políticas e gobernos locais se sumen “a la cuestionable moda del Gobierno del PP de conceder medallas a seres inanimados del santoral católico, de especial relevancia simbólica para muchas personas más allá de su religión, pero que escapan por completo a lo que ha de ser una auténtica separación entre Iglesia y Estado" (Público, 5-6-2017).

Por outra parte, Miguel Sánchez-Romero non vía todo tan negativo e escribía, con moita coña, o artigo “Ciudadana Del Rosario”. Consideraba que é a hora da política e que como a medalla só pode concederse a persoas físicas ou xurídicas, o laicismo debería aproveitar para solicitar a comparecencia da Virxe nunha comisión de investigación, con esta argumentación: “Si la Virgen es sólo una, ¿por qué tantos nombres? Virgen del Rosario, Virgen del Rocío, Virgen del Carmen… ¿No resulta extraño ese empeño en presentarse bajo tan distintas y variadas denominaciones?  ¿Hay que ser comisario jefe de la UDEF para sospechar que esas advocaciones podrían ser, en realidad, empresas pantallas? ¿No merece el pueblo de Cádiz una comisión que aclare el entramado societario de su alcaldesa perpetua? ¿No es razonable citar a la Ciudadana Del Rosario como compareciente en esa comisión? Esta medalla es un chollo. Qué importa si detrás se oculta una de las más sorprendentes puertas giratorias de los últimos tiempos: la de Kichi –ojalá que dentro de muchos, muchísimos años- instalado en el consejo de administración del cielo” (Infolibre, 1-6-2017).

Seguindo con esta argumentación de Podemos e se unhas poden ser virxes dos humildes e pobres e outras dos poderosos e ricos; se falamos de escoitar ao pobo e lembramos a tradición anarquista e liberal de Cádiz (o mesmo que a Coruña), poderemos ter graves problemas se na Coruña, por exemplo, 6.000 ou 10.000 persoas asinan unha petición ao goberno de Marea Atlántica para que as virxes do Carme, Fátima, Rocío ou María Auxiliadora reciban tamén a Medalla de Ouro da Cidade. Creo que o noso alcalde, Xulio Ferreiro, ten un pouco máis de sentidiño, segue neste tema a política que practicamos sempre na Coruña desde 1979 as concelleiras e concelleiros do Bloque, de Unidade Galega ou de Esquerda Unida, e continuará sen acudir como representante institucional aos actos relixiosos, por respecto a toda a cidadanía, á pluralidade relixiosa e á propia Constitución. Con esta operación o alcalde de Cádiz gaña votos, pero deixou na casa os principios e isto podería afectar negativamente á credibilidade de Podemos como forza do cambio.

Acerca de Manuel Monge

Manuel Monge González é mestre e sociólogo. Foi concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007. Promotor e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña de 2007 a 2011.