Brigadistas: De heroes a verdugos

Estes días teño escoitado e lido múltiples acusacións aos brigadistas de incendiar os nosos montes en Galicia. Non compro esa teoría difamatoria aos prestadores deste servizo básico e esencial.

Os montes arden por múltiples motivos e non por esa infame falacia. Os principais, dous. O abandono absoluto do mundo rural. Dende hai décadas en Galicia non existen políticas de desenrolo rural creibles e avaliables. O segundo, a inexistencia de medidas efectivas e reais que analicen e asenten accións para reducir e loitar contra o cambio climático. Ese que non existía hai ben pouco, e que agora ninguén discute.

Se vos parece pouco, vou nomear outros cantos motivos, non menos importantes, da proliferación dos lumes polo noso país:

1. Os intereses privados  e altamente lucrativos de moitas empresas que gañan moitísimo diñero. Unhas “apagando” os lumes,  outras obtendo beneficios dos resultados da deforestación posterior.
2. Unha administración pública, chamada Xunta de Galicia, que invirte o groso de partida orzamentaria para este servicio, ano tras ano,  en medidas de extinción en vez de gastalo en medidas de prevención.
3. A promoción por parte de dita administración pública, da maioria das comunidades de montes, e de milleiros particulares que apostan pola reforestación con eucaliptos e piñeiros, de rápido crecemento coa súa máxima rentabilidade, antes que por especies de frondosas autóctonas, carballos e castiñeiros maiormente, especies que limitan a propagación dos focos incendiarios.
4. Medios técnicos  límitados e insuficientes das unidades de acción directa contra o lume.
5. A ineficacía do goberno do Estado para ter un marco regulatorio básico para os corpos e unidades de emerxencia.

A todos estes motivos se lle haberá que engadir moitisímos máis secundarios.

Por favor non nos deixemos intoxicar con información sesgada e irreal. Criminalizando os traballadores estamos esquecendo os verdadeiros e principais responsables do problema.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.