Os Derbis

Os derbis sempre son partidos especiais.

O Dépor - Celta para min converteuse aínda en máis especial dende que se comezou a xogar O Derbi dos Artistiñas, unha iniciativa de Imposible Sen Ti. Ese día é unha festa para todos que vai máis alá do fútbol. Celestes e branquiazuis unímonos para demostrar que o que debe primar por riba de todo é o “bo rollo”. De feito, hai máis cousas que nos unen que que nos separan.

Escoitar as dúas afeccións cantar xuntos o himno galego é o momento máis significativo do espírito do derbi

Escoitar as dúas afeccións cantar xuntos o himno galego antes de cada derbi converteuse para min no lance máis emocionante destes encontros. Penso que ese momento é o máis significativo do espírito do derbi!

Despois, se podo celebrar algún gol do Celta, mellor... E ademais, é moi divertido “picar” os amigos do Dépor (sempre con humor e cariño) cando gaña o teu equipo. Pero ao final, o de menos é quen  leva os tres puntos.

Nos derbis quen gaña é a festa, a diversión e o fútbol! Iso si... Para o sábado, eu digo... Ala Celta! ;)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.