0 Gardados para despois

Xosé Manuel Sarille

Canto pesa e como fede!

Un terzo dos maxistrados españois son do Opus Dei. Na actualidade esta organización ocupa unha especie de centro ideolóxico, ante a emerxencia doutras máis á dereita, como Comuñón e Liberación e os Lexionarios de Cristo, tamén con presenza nos tribunais. Cambia o poder executivo e o lexislativo, pero o xudicial non cambia facilmente, nin aquí nin en ningures.

No filme titulado Sección especial, os xuíces do París ocupado que perseguen os resistentes, intégranse na xudicatura do IV República ao rematar a guerra.

Cando o fiscal alemán Fritz Bauer quería cazar ao xenocida Eichmann, os maxistrados do seu entorno seguen a ser nazis.

O poder xudicial do Estado español é o menos independente da UE. Non viviu ningunha reforma profunda desde o Antigo Réxime, agás a involución franquista. Esa permanencia remite, de facto, á orixe divina e á infalibilidade, como a monarquía. Puro poder, que castiga selectivamente a quen debe castigar. Está para iso, aínda que polo medio aparezan versos soltos.

Sección especial. Constantin Costa-Gavras, 1975.
O caso Fritz Bauer. Lars Kraume, 2015.
¡Canto pesa e como fede! é unha Cousa da vida, de Castelao, referida á Lex.

Publicidade

Acerca de Xosé Manuel Sarille