Carmela traballa nunha das principais empresas do sector de produtos elaborados do mar. Leva seis anos na empresa, ten un contrato indefinido, traballa a xornada completa pero aínda así ten un salario de 795 euros ao mes
Carmela traballa nunha das principais empresas do sector de produtos elaborados do mar. Leva seis anos na empresa, ten un contrato indefinido, traballa a xornada completa pero aínda así ten un salario de 795 euros ao mes.
Pódese vivir de forma independente con este salario? Pódese pagar un aluguer, unha hipoteca, o recibo da luz, o transporte, comer, ter ocio? Pódese ser nai?
Poren, Carmela pódese considerar unha privilexiada, porque pertence a plantilla propia da empresa e ten un contrato indefinido a xornada completa. Situación na que están unha exigua minoría das 8.000 mulleres que traballan no sector.
Porque as empresas de produtos elaborados do mar usan e abusan dos contratos temporais e das xornadas a tempo parcial. Pero sobre todo usan e abusan da subcontratación a través de ETTs e empresas multiservizo para pagar salarios aínda máis baixos.
Entre o 70 e 75% das mulleres que traballan no sector está contratada través dunha ETT ou, aínda peor, dunha empresa multiservizo, para escaparse do convenio colectivo do sector
Entre o 70 e 75% das mulleres que traballan no sector está contratada través dunha ETT ou, aínda peor, dunha empresa multiservizo, para escaparse do convenio colectivo do sector. Por iso, en Galicia traballan miles de mulleres neste sector que apenas chegan aos 500 euros mensuais.
Non quero dar o seu nome completo nin a empresa na que traballa. Porque non é unha excepción, nin un caso illado, nin unha irregularidade. Non. É a norma, a situación habitual e mesmo legal na que traballan e viven miles de mulleres no noso país, con precariedade e pobreza laboral.
A precariedade xa é unha característica estrutural do mercado de traballo en Galicia. Só o 47% das persoas afiliadas ao Réxime Xeral da Seguridade Social, ten un contrato indefinido a tempo completo. O resto, máis da metade da poboación asalariada do sector privado, está en situación de precariedade, ben porque ten un contrato temporal, porque traballa a media xornada, porque é fixa descontinua ou porque está en prácticas ou formación.
Unha precariedade xeneralizada pero que afecta de forma especial ás persoas novas e ás mulleres.
A precariedade xa é unha característica estrutural do mercado de traballo en Galicia. Só o 47% das persoas afiliadas ao Réxime Xeral da Seguridade Social, ten un contrato indefinido a tempo completo
Precariedade que se transforma en pobreza laboral, porque a crise, pero sobre todo a xestión neoliberal da crise, reformas laborais incluídas, son responsables que na Galicia do século XXI volva a haber traballadores pobres, persoas que a pesares de ter traballo non poden vivir de forma independente.
Con datos, do IRPF sabemos que 450.000 persoas asalariadas ingresaron menos de 900 euros brutos ao mes en 2016. Son a metade dos que traballaron como asalariados ese ano en Galicia. Por iso dicimos que máis da metade da clase traballadora está en precariedade.
Con datos, do IRPF sabemos que 450.000 persoas asalariadas ingresaron menos de 900 euros brutos ao mes en 2016. Son a metade dos que traballaron como asalariados ese ano en Galicia
É certo que moitas destas persoas traballan unhas horas ao día, uns días á semana, uns meses ao ano. Pero é que iso é, exactamente a precariedade laboral: traballar con baixos salarios a tempo parcial ou con contratos de moi curta duración.
Precariedade, pobreza laboral e desigualdade, porque as políticas da dereita teñen agrandado as diferenzas ata niveis descoñecidos na historia recente do noso país, tamén no mercado de traballo.
Cos datos dos ingresos declarados no IRPF sabemos que a masa salarial do 1% con maior renda foi superior a do 31% dos que cobran menos. Isto é, que 13.000 persoas, cobraron máis que os 312.000 persoas de menos ingresos. As elites, a minoría social, gana de media 65 veces máis que as persoas precarias de baixos salarios.
A precariedade, a pobreza laboral e a desigualdade salarial non son efectos colaterais nin un prezo a pagar de forma inevitable pola crise. Non. Este deterioro social, esta transición dende un mercado de traballo precario a unha sociedade precaria é a consecuencia da devaluación interna e das reformas laborais impostas co obxectivo de reducir os dereitos laborais co fin último de baixar os salarios.
Volvo á nómina de Carmela. Este mes cobrará aínda menos, porque ela e as súas compañeiras están en folga. Unha folga para intentar negociar un convenio colectivo que está sen actualizar dende 2015 pola cerrazón da patronal.
Para iso serven as reformas laborais, para debilitar a negociación colectiva, para darlle máis poder ás empresas, para desequilibrar aínda máis as relacións laborais.
Cando negociamos situar o salario mínimo interprofesional en 900 euros pensabamos en Carmela. Nas 8.000 mulleres que traballan no sector dos produtos elaborados do mar. Nas 55.000 persoas que en Galicia ingresan menos de 900 euros traballando a tempo completo
Saben como se chama a Patronal do Sector? Conxemar. Seguro que lles soa. Son os que organizan a Feira Conxemar na que o sector, coa axuda das administracións públicas, presume da súa potencia, das súas empresas, dos seus produtos, da internacionalización e de rentabilidade.
Iso está ben. Pero pode presumir das condicións laborais das persoas que traballan no sector? Dos salarios de 795 euros, da precariedade laboral, da abusiva subcontratación con ETTs? Un país decente pode presumir de empresas pero agochar a realidade laboral na que viven os seus empregados?
Un salario mínimo de 900 euros non resolve o problema da precariedade e a pobreza laboral. Pero sen dúbida é un paso importante na dirección correcta
Nós non nos resignamos a que o presente e o futuro do mundo do traballo en Galicia sexa a precariedade, a pobreza e a desigualdade. Cando negociamos situar o salario mínimo interprofesional en 900 euros pensabamos en Carmela. Nas 8.000 mulleres que traballan no sector dos produtos elaborados do mar. Nas 55.000 persoas que en Galicia ingresan menos de 900 euros traballando a tempo completo. Nas máis de 100.000 que non chegan a eses ingresos en parte porque traballan a tempo parcial.
Un salario mínimo de 900 euros non resolve o problema da precariedade e a pobreza laboral. Pero sen dúbida é un paso importante na dirección correcta.
Publicidade