Lembranza de COU

Dominio Público Sánchez Coello

Por que é Madrid a capital de España, alumnos? Porque Felipe II cazaba, e nada parecido na península aos bosques do Retiro e o Pardo, lonxe ademais dos outros poderes, respondíase don Cándido Cascudo.

Por que é Madrid a capital de España, alumnos? Porque Felipe II cazaba, e nada parecido na península aos bosques do Retiro e o Pardo, lonxe ademais dos outros poderes, respondíase don Cándido Cascudo

As sés dos estados son sempre marítimas, ou foron navegábeis por río. Madrid é unha anomalía única en Europa e América, separada do corpo, distanciada dos pulsos vitais da sociedade á que subordina e da súa economía. Fóra dos fluxos innovadores, que na historia recibe indirectamente, a través de cortesáns, administradores e rendeiros.

Unha cidade historicamente provinciana, en alerta ante a novidade.

Romero-Maura di que en 1898 podía vivirse en Barcelona como en calquera capital de Europa. Culturalmente era tributaria de París, Londres e Berlín, non de Madrid. Esta psicoloxía de gran capital contribuíu a dar corpo aos sentimentos rexionalistas. Os barceloneses topaban co sistema centralizado español, que os colocaba nunha relación de dependencia cara a Madrid igual que a das capitais de provincia de 15.000 habitantes.

Joaquín Romero-Maura. “La Rosa de Fuego” (El obrerismo barcelonés de 1899 a 1909).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.