Naceu en Artes, Ribeira. Foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e director de Culturgal. Colaborou coa posta en marcha de diversos proxectos de normalización lingüística (Gústame o galego, Apego, LGx15, Youtubeir@s etc.) e foi, durante 15 anos, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo. Na actualidade é profesor de lingua no ensino secundario.