O sector da dobraxe saca á rúa a súa loita laboral: "Levamos 18 anos cobrando por baixo da lei"
Actrices, actores e outro persoal do sector manifestáronse este domingo en Santiago. O persoal denuncia que o seu "incumprido" convenio colectivo data de 2006, que nin sequera perciben "as subas do IPC" e que as empresas lles pagan o traballo en castelán un 25% por baixo do estipulado
V Semana do Cinema Galego: 45 candidaturas aos Mestre Mateo en cinco días de película na Coruña
O Teatro Colón acolle oito proxeccións dalgúns dos fitos do cinema galego do último ano na semana da entrega dos premios Mestre Mateo, que se celebra o día 23 no Coliseum
O Carballo Interplay anuncia os finalistas do primeiro premio a Mellor Contido Dixital Galego
A programación do festival, que se celebra do 4 ao 7 de abril, inclúe shows en directo de Exército Mekemeke e Café Derby 21 e unha videoregueifa entre Sara Seco e Malva. Ademais, o novo galardón escollerá as mellores canles e creadores e creadoras do país, con 10 finalistas que saíron dunha escolma de 24 candidaturas
- Vídeo
- Cultura
A 'Nabiza Girl' de Isabel Risco vira nunha serie de animación para "motivar" a mocidade no uso da lingua
A serie en stop-motion de Algarabía Animación nace co obxectivo de reforzar a identidade galega entre a mocidade cun ton natural e desenfadado e pódese seguir a través das súas contas de Instagram e TikTok.
Galicia tivo o inverno máis cálido dende que hai rexistros
Segundo os datos da Aemet, decembro foi "cálido", xaneiro foi "extremadamente cálido" e, de feito, foi "o máis cálido desde 1961" e, igualmente, febreiro foi "moi cálido". Ademais, este inverno foi húmido en Galicia, cun 14 % máis de precipitación do normal. Espérase que esta primavera tanto as temperaturas coma as precipitacións estean por riba do normal
- Vídeos
- Cultura
Das regueifas máis bravas e as mellor faladas ás máis reivindicativas: Enreguéifate dá a coñecer os seus premios
O proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega. A entrega de premios terá lugar o vindeiro 3 de abril ás 11 horas nunha gala no Teatro Principal de Compostela.
Portugal vira á dereita
O Partido Socialista, cun novo candidato, Pedro Nuno Santos, tras a dimisión de António Costa, perde a maioría absoluta que tiña ata agora
A clase obreira galega rebélase contra a precariedade neste 10 de marzo
Este domingo, 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, centos de persoas saíron á rúa para reivindicar as liberdades dos traballadores e traballadoras e loitar contra a precariedade no traballo.
Unha ferramenta interactiva amosa as conexións entre autores da lírica galego-portuguesa
O proxecto Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa, dirixido pola Déborah González da USC, amosa de maneira visual as relacións as socioculturais e literarias existentes entre uns e outros autores
O feminismo enche as rúas galegas "para varrer o patriarcado" e acadar a igualdade salarial
Con participacións multitudinarias en Vigo e A Coruña, as cidades e vilas galegas volveron alzar a voz polos dereitos das mulleres nas concentracións e mobilizacións convocadas tanto pola mañá como pola tarde, cando saíron a meirande parte das marchas feministas desafiando o vento e a choiva, en moitos casos.
As mulleres dominan a programación da Mostra de Cinema Etnográfico, que se abre cunha homenaxe a Dorothé Schubarth
A 19ª edición da MICE, organizada polo Museo do Pobo Galego terá lugar entre o 20 e o 26 de marzo en Compostela. Poderán verse 70 pezas procedentes de máis dunha ducia de nacionalidades. Na sección oficial, as mulleres asinan 8 dos 13 traballos. A mostra ábrese coa estrea de 586 cantos, unha homenaxe á etnomusicóloga suíza falecida en 2023
Xornalistas Galegas recompila boas prácticas en informacións con perspectiva de xénero ás portas do 8M
Xornalistas Galegas xunta máis de medio cento de pezas xornalísticas publicadas no último ano que, din, amosan como é posible "empregar o xornalismo como ferramenta contra o machismo". No caso de Praza.gal, a recompilación inclúe catro traballos de Ana G. Liste