O ex-líder do PP coruñés no Congreso deixa en perdas e con indemnización de 700.000 euros a empresa na que o situou Rajoy
O Operador do Mercado Organizado de Gas na Península Ibérica rexistrou en 2018 as primeiras perdas da súa historia tras indemnizar con 724.000 ao seu ex-presidente, antigo deputado do PP da Coruña situado no posto polo Goberno de Rajoy. Na súa etapa, Competencia cuestionou os elevados gastos de persoal a compañía e obrigou a deixar fóra das partidas que pagan os consumidores as dietas dos conselleiros
O Supremo volverá estudar o peche de Reganosa, contra a que xa publicou cinco sentenzas contrarias
O tribunal pronunciarase sobre a continuidade da planta de Mugardos nun prazo de entre dous e catro meses. Reganosa ten o apoio expreso do Goberno central, que é o que agora ten que tramitar a Declaración de Impacto Ambiental, da que carece
Competencia sanciona 34 editoriais de libros de texto, entre elas as galegas Xerais, Obradoiro e Xerme
Segundo o regulador, coordinaron “políticas e condicións comerciais” cunha comisión de supervisión que “controlaba as desviacións con medidas de presión e ameazas de denuncia a quen non formaron parte dos acordos”
O Goberno central pide "ideas" a Galicia e Asturias para as futuras axudas a empresas como Alcoa
O secretario de Estado de Enerxía fai a proposta á Xunta e ao Principado no marco da elaboración do Estatuto das Empresas Electrointensivas que prevé a futura Lei de Cambio Climático. O Ministerio de Traballo denuncia a "extrema celeridade" da empresa co ERE
Cospedal encargou por 9,5 millóns á empresa de Morenés avaliar os mísiles que atrasaron as fragatas de Ferrol
A empresa que dirixiu o ex-ministro tiña que realizar un estudo de viabilidade sobre a implantación dos seus propios materiais nos buques. Antes de asinar o contrato o Ministerio xa sinalara como "prioritarios" os mísiles, cuxa adaptación adiou o encargo aos estaleiros ferroláns
O ex-líder do PP coruñés no Congreso, a piques de perder a presidencia que lle deu Rajoy nunha empresa de gas
En marcha a remuda de Antonio Erias na presidencia na sociedade Mercado Ibérico do Gas, cuxas contas máis recentes reflicten que percibiu 426.000 euros nun ano
Fomento adxudicou contratos en Galicia por 30 millóns cunha fórmula ilegal que favorecía o 'dedazo' ás construtoras
Copasa, Taboada y Ramos, Geseco e Acciona obtiveron o mantemento das estradas estatais na Coruña, Lugo e Pontevedra cunha cláusula anulada polo Tribunal de Recursos Contractuais “por non ser conforme a Dereito”
ENCE renova ata 2021 o posto directivo do penúltimo conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Fraga
O nomeamento de Carlos del Álamo esténdese agora ata 2021, tres anos despois do que era límite para a saída de ENCE da ría de Pontevedra ata que o Goberno de Rajoy lle concedeu a prórroga ata 2073
Ence dispara un 54% o soldo dos seus altos directivos tras o indulto de Rajoy á fábrica de Pontevedra
Os sete membros da súa alta dirección, incluíndo o conselleiro delegado e un fillo do presidente, cobraron 2,3 millóns entre xaneiro e xuño, mentres a empresa reduciu á metade o seu beneficio e a súa cotización caeu un 25%