Ana Pontón, designada candidata do BNG

Intervención de Ana Pontón, este sábado © BNG

O BNG designou este sábado a Ana Pontón candidata á Presidencia da Xunta. Ante o Consello Nacional, Pontón proclamou a súa "convicción" de que o Bloque "representa a alternativa de presente e de futuro ante o desastre de gobernos da sen razón e sen corazón”. O BNG está e existe “para darlle esperanza a todas as persoas que acreditan que este sistema está caduco e que hai que situar como prioridade o rescate social de Galiza”, defendeu.

Pontón salientou que o BNG quere "converter en oportunidade para Galiza o fracaso das forzas estatais, -vellas e novas-, en dar unha alternativa a Rajoy, converter a repetición das xerais nunha oportunidade para que Galiza recupere voz propia en Madrid”

A candidata do BNG fixou tres grandes obxectivos: "rescatar á maioría social buscando un novo estatus que permita a Galiza capacidade real para dar solucións; blindaxe dos dereitos sociais, educación, sanidade e loita contra a exclusión; e aposta polos sectores produtivos para a creación de emprego de calidade". Pontón afirmou que “Feijóo e Rajoy son as dúas caras da mesma moeda, símbolos de gobernos ao servizo da recentralización e do grande capital, sen proxecto para Galiza e sen corazón”. P Bloque aposta por “construír unha axenda co pobo”, convencido de que o rescate nacional e social “son as dúas caras da mesma moeda”, dixo.

Pontón salientou que o BNG quere "converter en oportunidade para Galiza o fracaso das forzas estatais, -vellas e novas-, en dar unha alternativa a Rajoy, converter a repetición das xerais nunha oportunidade para que Galiza recupere voz propia en Madrid”. Pontón amosouse convencida de que os galegos e galegas “tomaron nota” dese fracaso e do “espectáculo” iniciado tras o 20D. “Tomaron nota de que Galiza quedou desaparecida nestes catro meses de paripé, teatro, roldas de prensa, xestos cara a galería, nos que os problemas do país non preocuparon, nin ocuparon a ningunha forza política do novo bipartidismo a catro”.

A portavoz nacional do BNG salientou que a formación está preparado para encarar unhas novas xerais e xa traballa na elaboración do programa electoral para os comicios galegos

A portavoz nacional do BNG salientou que a formación está preparado para encarar unhas novas xerais e xa traballa na elaboración do programa electoral para os comicios galegos. O BNG, sinalou a candidata, quere "ofrecer ao electorado unha candidatura de unidade, pero de todos e todas as que pensamos que Galiza ten que ter voz propia no Congreso, sen recibir instrucións das direccións dos partidos en Madrid, porque o Bloque non comparte a idea de que Galiza non pode soa, ou que precisa alianzas de primos de zumosol”. "O que precisamos é un proxecto político ca cabeza e co corazón aquí, que non teña que pedir permiso a ninguén de cando e como pode defender os nosos intereses, como sempre fixo o BNG tamén no Congreso”, concluíu.

 

Intervención de Ana Pontón, este sábado © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.