A suma de Unidos Podemos e PSOE, por diante da PP-C's nas sondaxes. En Marea podería subir un escano

Sondaxes de ámbito estatal publicadas nos últimos tres días Dominio Público Praza Pública

Nos últimos tres días publicáronse unha ducia de enquisas de ámbito estatal. Con matices, todas debuxan un escenario semellante: Coinciden en prognosticar o sorpasso de Unidos Podemos ao PSOE (tanto en votos coma en escanos) e en prever un pequeno ascenso do PP que, con todo, sumaría un máximo de 167 deputados con Ciudadanos, insuficiente para investir un presidente. A estimación para Unidos Podemos e PSOE oscila entre os 160 e 175 escanos, roldando nos estudos de Metroscopia e Sondaxe mesmo a maioría absoluta, aínda que con resultados máis baixos noutras enquisas, coma as de Netquest, Gad3 ou Sigma Dos. De feito, Netquest é a única empresa que sitúa a suma PP+C'S por diante en escanos da suma UP+PSOE

Os traballos publicados apenas ofrecen estimacións segmentadas por comunidades. Tan só as enquisas que este domingo presentan La Voz de Galicia (Sondaxe) e La Región/Atlántico (Infortécnica) ofrecen datos para Galicia. Habería poucas variacións: Sondaxe prevé que En Marea chegue a 7 escanos, subindo un en Pontevedra a custa do PSOE; de igual xeito, o PP podría obter un deputado máis pola Coruña, en prexuízo de Ciudadanos, que perdería o seu único representante. Segundo o estudo de Infortécnica, non habería cambios no reparto de escanos con respecto ao 20D. 

  PP UP PSOE C's
Sondaxe (La Voz de Galicia) 29.2% | 121 26.1% | 90 21.4% | 85 12.9% | 34
Gad3 (ABC) 30,3%| 121-124 24,6% | 84-85 21,4% | 80-83 14,4% | 38-40
Netquest (El Español) 30,4% | 125 24% | 85 20,4% | 75 15,2% | 42
Sigma Dos (El Mundo) 30,5% | 124-129 24,8% 86-92 20% | 73-78 14,1% | 35-40
Metroscopia (El País) 29% | 114 26% | 93 20,5% | 82 14,5% | 39
Gesop (El Periódico) 28,3% | 114-118 24,2% | 84-88 21,2% | 80-84 15,6% | 40-44
Redondo (Tiempo) 29,2% | 122 24,6% | 86 21,1% | 80 15,3% | 38
Celeste-Tel (El Diario) 30% | 123-128 24,8% | 82-87 21,5% | 83-86 13,2% | 32-34
Advice Strategic (Europa Press) 29,6% 25,1% 20,5% 14,8%
Invymark (Sexta) 29,8% 25,3% 20,4% 14,1%
MyWord (SER) 28,9% | 118-123 24,8% | 87-90 20,4% | 75-80 14,4% | 38-39
Resultado 20D 28,7%  123 24,4% 71 22% 90 13,9% 40

 

A enquisa publicada por La Voz de Galicia prevé un crecemento do PP na Coruña, Lugo e Ourense, aproveitando os descensos de Ciudadanos nestas tres provincias. De igual xeito, prognostica un aumento de En Marea en todas as circunscricións agás A Coruña, así coma perdas xeneralizadas do PSdeG-PSOE. Segundo as porcentaxes ofrecidas por Sondaxe, o derradeiro escano da Coruña estaría aínda en disputa entre PP (3-4) e En Marea (2-3). O mesmo que o de Pontevedra, moi axustado entre En Marea (2-3), Ciudadanos (0-1) e mesmo o PSdeG-PSOE (1-2).

  A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
PP 4 (3) | 39.2% (35.5%)  2 (2) | 45.1% (42.5%) 2 (2) | 48.3% (44.9%) 3 (3) | 34.5% (34.5%) 11 (10) | 39.3% (37.1%)
En Marea 2 (2) | 26.1% (26.4%) 1 (1) | 21.5% (19.3%) 1 (1) | 20.5% (17.8%) 3 (2) | 31.7% (27.9%) 7 (6) | 26.8% (25%)
PSdeG-PSOE 2 (2) | 20% (20.4%) 1 (1) | 22.6% (23.9%) 1 (1) | 21.4% (23.2%) 1 (2) | 18.1% (20.8%) 5 (6) | 19.8% (21.3%)
Ciudadanos 0 (1) | 8.11% (9.91%) 0 (0) | 4.2% (7.6%) 0 (0) | 5.1% (7.8%) 0 (0) | 10.5% (9%) 0 (1) | 8.1% (9,1%)
BNG 0 (0) | 4.15% (4.55%) 0 (0) | 3.4% (3.6%) 0 (0) | 2.7% (3.3%) 0 (0) | ?% (4.65%) 0 (0) | 3.7% (4,3%)

Enquisa de Sondaxe publicada por La Voz de Galicia. Entre parénteses os resultados do 20D

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.