Cangas do Morrazo e O Grove (En Marea); Fornelos de Montes, Parada de Sil, Calvos de Randín, Dumbría, Petín, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Entrimo, Carballeda de Avia, A Illa de Arousa, A Capela e As Pontes de García Rodríguez (PSdeG-PSOE). Son as únicas 14 localidades galegas nas que o PP non foi o partido máis votado. Os populares gañaron en 300 concellos, mentres que o PSdeG-PSOE domina en 12 localidades e En Marea en só dúas. O 20D os populares obtivera 282 vitorias, por 17 dos socialistas, 14 de En Marea e 1 de Nós.