A norma obrigará a atender en calquera das linguas oficiais ás empresas que dirixan os seus servizos ás autonomías atinxidas por esa oficialidade, pero os populares buscan que só sexa obrigatorio se as compañías están instaladas nelas en emendas onde tamén reclaman que o termo "clientela" sexa remudado por "cliente". O BNG reivindica "o respecto aos dereitos lingüísticos" como unha das súas achegas ao texto lei e censura que o PP tente "negar o dereito da cidadanía a ser atendida en galego" e vaia contra a lei de igualdade