O Partido Popular foi a forza máis votada en 303 dos 313 concellos galegos. Tan só na Capela, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Calvos de Randín, Entrimo, Parada de Sil, A Illa de Arousa, Fornelos de Montes (PSdeG-PSOE) e Vilar de Santos (En Marea) a forza máis votada foi distinta aos populares.
En 2012, A Capela, Dumbría, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Carballeda de Avia, Petín, Castrelo de Val, Calvos de Randín, Entrimo, Parada de Sil, A Illa de Arousa, Fornelos de Montes (PSdeG-PSOE), Allariz (BNG) e Vilar de Santos (CxG) foran a excepción ao dominio do PP.