Quen é quen no novo Parlamento

Mapa interactivo do novo Parlamento CC-BY-SA Praza Pública

O vindeiro 21 de outubro constitúese o Parlamento da X Lexislatura autonómica. Fórmano as 75 persoas elixidas nos comicios do 25S, das que dependerá nas vindeiras semanas a investidura do presidente da Xunta e, a continuación, a actividade lexislativa dos vindeiros catro anos. Con esta ferramenta podes explorar, alén dos seus agrupamentos por circunscricións e partidos, as súas orixes e relacións políticas, institucionais e profesionais, así como os fitos máis destacados de cadansúas traxectorias. Premendo en cada deputado ou deputada poderás consultar, asemade, a súa ficha persoal.

Para explorares con máis facilidade podes ampliar a zona que prefiras cos controis da parte superior esquerda e mais picar e arrastrar cada un dos elementos para observares todas as relacións. Se procuras unha persoa en concreto, podes empregar o buscador da parte superior dereita para atopalo máis doadamente e premer nela para coñeceres máis detalles.

Onodo é un proxecto da Fundación Civio

Esta primeira composición da Cámara variará, con toda probabilidade, dentro de poucas semanas, cando menos pola banda conservadora. Cando Alberto Núñez Feijóo volva ser investido presidente porá en marcha a nova estrutura do Goberno e, previsiblemente, volverá optar por situar en consellerías e altos cargos a membros das listas do PP que, como en 2009 e 2012, volverán renunciar ás actas no Parlamento, o que implicará un corremento das listas e a entrada de novas deputadas e deputados.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.