Xa están en marcha as votacións para elixir o Consello das Mareas

Ademais do voto online, habilitáronse unha ducia de locais para poder votar presencialmente © En Marea

As inscritas e inscritas en En Marea están chamadas a elixir esta fin de semana o Consello das Mareas, máximo órgano do partido entre asembleas, e que escollerá ademais a Coordinadora da formación. As 35 persoas que formarán parte do Consello sairán dos apoios que reciban as tres listas presentadas: Máis Alá, encabezada por Luís Villares e que conta co apoio da maior parte das mareas municipalistas, de Podemos, Esquerda Unida e dunha parte de Anova; Somos Quen, encabezada por Davide Rodríguez co apoio doutra parte de Anova; e Queremos Participar, encabezada por Consuelo Martínez e vinculada a Cerna

Poderase votar por internet entre as 9 da mañá do sábado e as 9 da mañá do luns. Habilitáronse, ademais, unha ducia de locais para poder votar presencialmente o sábado e o domingo, en horarios de 10 a 13.30 e de 17.00 a 19.30

Poderase votar por internet entre as 9 da mañá do sábado e as 9 da mañá do luns. Habilitáronse, ademais, unha ducia de locais para poder votar presencialmente o sábado e o domingo, en horarios de 10 a 13.30 e de 17.00 a 19.30. Ao longo do luns realizarase a proclamación provisional de resultados e abrirase un prazo de 48 horas para reclamacións. O mércores terá lugar a proclamación definitiva de resultados e das persoas integrantes do Consello das Mareas, que se se constituirá o sábado 28.

Segundo as normas que rexen este proceso o Consello das Mareas estará formado por representantes das listas en función dos votos que recibisen mediante un sistema "proporcional puro" con "corrección de xénero", de xeito que a composición garanta a presenza de 18 mulleres e 17 homes. Ademais, segundo estas normas, a presenza de persoas con cargos institucionais non pode superar o 20% do total do organismo, que á súa vez elixirá os once membros da Coordinadora. Asi mesmo, as persoas que posúan a condición de membro do órgano executivo a nivel autonómico de dirección dunha organización política ou ocupen unha responsabilidade executiva na mesma, poderán concorrer ás eleccións ao Consello pero non poderán formar parte da Coordinadora Nacional.

O Consello das Mareas estará formado por representantes das listas en función dos votos que recibisen mediante un sistema "proporcional puro" con "corrección de xénero"

Somos quen e Queremos participar apostan por que a Villares sexa voceiro tamén no partido. Pola contra, Máis Alá -a lista encabezada por Villares- defende que haxa tres portavocías "que serán ocupadas por dúas mulleres e un home", e que estas non poderán ser ocupadas polos portavoces de En Marea no Parlamento de Galicia (o propio Villares) e no Congreso dos Deputados (rotatorio, neste momento Antón Gómez Reino). A lista Máis Alá inclúe tamén unha proposta de once nomes para a Coordinadora, na que figura Xosé Manuel Beiras, Victoria Esteban, Gladys Afonso, Iago Martínez, Noemi Ramos, Javier de Toledo, Sara Torreiro, Pedro Rivera, Ana Seijas, Rafael Dopico e Borja San Ramón.

 

Listado de colexios electorais nas eleccións ao Consello das Mareas

Horarios de votacións. 21 e 22 de xaneiro | De 10 a 13.30 | De 17.00 a 19.30 (onde non se indica outro día ou horario)

  • Santiago de Compostela: Local de Compostela Aberta (Praza do Toural)
  • Ferrol: Local de Ferrol en Común (Rúa da Madalena, 53)
  • A Coruña: Local de Marea Atlántica. (Praza do Humor, 2)
  • Noia: Cantón, 36
  • Betanzos: Rúa do Castro, 4-6. De 10.00 a 13.30
  • Lugo: Local de Lugonovo (Ronda da Muralla, 164)
  • Ourense: Local de Ourense en Común. (Rúa Burgas, 8)
  • Manzaneda: Aula Cémit. Escola de Manzaneda. De 17 a 19.30
  • Xinzo de Limia: Avda. De Ourense, 16. Local 2. Sábado, 21 de 10 a 13.30
  • O Carballiño: Local de En Marea. Rosalía de Castro, 4. De 9.30 a 12 | De 16 a 19
  • Vigo: Avda. Das Camelias, 85
  • Baiona: Laureano Salgado, 20. Local B.

 

Ademais do voto online, habilitáronse unha ducia de locais para poder votar presencialmente © En Marea

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.