Unidos Podemos promove unha moción de censura a Rajoy que o PSOE xa rexeitou

Representantes e Unidos Podemos anuncian a moción de censura Dominio Público @ahorapodemos

Moción de censura a Mariano Rajoy. Os dirixentes de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea chamaron este xoves a iniciar os trámites parlamentarios para desaloxar o presidente do Goberno central da Moncloa "ante a grave situación institucional posta en evidencia nas últimas semanas". Precisa da sinatura de 35 parlamentarios para presentala e da maioría absoluta para levala adiante. PSOE e Ciudadanos xa anunciaron que non a apoiarán. 

Unidos Podemos propón a moción de censura "ante a grave situación institucional posta en evidencia nas últimas semanas"

"España está a vivir un estado de excepción democrático: polo saqueo do PP das administracións públicas e un comportamento parásito das institucións", afirmou o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias: "Iniciamos encontros para unha moción de censura ao PP. Informamos a outros partidos, como o PSOE; sindicatos como CCOO e asociacións como Xuíces para a Democracia".

O coportavoz confederal e deputado de En Marea, Antón Gomez-Reino, afirmou que a situación é de "anomalía e excepcionalidade democrática: iniciamos unha rolda de traballo coas organizacións da sociedade civil ás que nos debemos e co resto da Cámara para presentar unha moción de censura ante a metástase da corrupción". O parlamentario galego anunciou que falara "cos gobernos do cambio en Galicia; dixéronnos: adiante". "Nós, xunto a unha parte moi importante da sociedade, dicimos: corrupción nunca máis, hai que botalos!", engadiu quen asegurou que "ante a metástase da corrupción nos órganos do Estado vitais da democracia non caben intervencións puntuais".

O grupo confederal contactou x con PSOE, CCOO e Xuíces para a Democracia

Irene Montero, portavoz de Unidos Podemos-En Comú-Podem, chamou o resto de organizacións "a secundar" a iniciativa. Xavier Domènech, coportavoz do grupo confederal e deputado de En Comú Podem cualificou do momento de "gangrena, inaguantable e inaceptable; non se rexenera só con petición de comparecencias, senón a partir da constatación de que o PP non ten a maioría da Cámara, danlla, non é súa, e o que tocaría é que o PP fixese unha cuestión de confianza e como non o vai a facer temos que traballar para acabar coa gangrena e esa medida é a moción de censura".

En Marea contactou cos "gobernos do cambio" en Galicia. "Dixéronnos: 'adiante", di Gómez-Reino

O coportavoz de Unidos Podemos e coordinador de IU, Alberto Garzón, lembrou que a corrupción nos 90 acabou co sistema político italiano: "Contaban cunha fiscalía independente e xuíces que loitaron contra a mafia. Esa situación non pode repetirse no noso país polo PP, que parasitou as institucións; é o caso grave do fiscal Anticorrupción que está a defender a corrupción. É unha situación de excepción de Estado e estamos na obriga ética e política de sacar o PP do goberno. O PP está carcomiendo a democracia coa súa corrupción. Isto non é un problema parlamentario, é un problema de país".

A recente operación Lezo, que evidencia o saqueo da Canal de Isabel II que levou á prisión ao expresidente madrileño Ignacio González e á dimisión de Esperanza Aguirre; e que tamén deitou luz sobre as manobras do PP para pór e quitar xuíces e fiscais, supuxo un punto de inflexión para Unidos Podemos.

"Isto vai máis aló dos partidos, vai da saúde da nosa democracia", advirte Pablo Iglesias

O candidato será Pablo Iglesias? "Isto non vai de nomes nin de caras", afirmou Iglesias: "Queremos dialogar coa sociedade civil e outras organizacións política, pero independentemente dos acordos, a sociedade está a reclamar unha alternativa rexeneradora ao PP. Isto vai máis aló dos partidos, vai da saúde da nosa democracia".

Iglesias explicou que falou "con Javier Fernández e Mario Giménez, do PSOE; así como con Ignacio Fernández Toxo, de CCOO; e Ignacio González de Xuíces para a Democracia". Con Ciudadanos non obtivo " resposta". Domènech, pola súa banda, explicou que falou con dirixentes do PDECat e ERC.

"Nós esperamos lograr apoios suficientes, pero é un imperativo ético presentar unha alternativa rexeneradora", insistiu Iglesias: "Puxéronnos nas institucións para cambiar as cousas e o mecanismo para sacar o PP é a moción de censura". "Non entendemos por que hai formacións que se manifestan en contra da corrupción e ao tempo sosteñen o PP, o partido máis corrupto de Europa", reflexionou en alusión a Ciudadanos: "A lóxica fundamental é de país, non de partido, e está a pór en risco a seguridade de todos os españois".

PSOE e Ciudadanos rexeitan a moción

PSOE e Ciudadanos xa rexeitaron apoiar a moción de censura. Aos poucos minutos de anunciarse, o portavoz socialista, Antonio Hernando, respodneu con dureza e aacusou a Iglesias "de mala fe, falta de rigor e perda de tempo para poñer en marcha unha comisión de investigación". 

O PSOE acusa de "mala fe" a Iglesias e Ciudadanos di que non apoiará "ningún número de circo"

El portavoz del PSOE, Antonio Hernando, ha respondido con dureza a la iniciativa. Ha acusado a Iglesias "de mala fe, falta de rigor y pérdida de tiempo para poner en marcha una comisión de investigación. Aventura lo que va a pasar, en todo caso, ya les ha dicho que va a presentar la moción independientemente de los apoyos que tenga". Ciudadanos, pola súa banda, asegurou que non apoiaría "ningún número de circo", mentres que o PP tamén ridiculizou a iniciativa. 

Feijóo cre que todo é unha "estratexia" de Podemos e cre que Pedro Sánchez non pode pronunciarse: "el sufriu moción dos seus e nas urnas"

Desde ERC, o seu voceiro, Joan Tardá, asegurou que "sempre" apoiarán unha formación política "que non poña impedimentos para a celebración dun referendo en setembro". "Apoiamos a moción se os que a presentan manifestan que non porán atrancos", dixo. 

Desde Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a moción de censura proposta por Unidos Podemos é "unha estratexia" máis da formación de Pablo Iglesias logo de pór a circular o coñecido como Tramabús. Ademais, asegurou que o aspirante a liderar o PSOE, Pedro Sánchez, non pode pronunciarse sobre esta cuestión porque el mesmo "sufriu unha moción de censura dobre, dos seus compañeiros e nas urnas".

Antón Gómez-Reino, durante o anuncio da moción de censura Dominio Público @En_Marea

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.