0 Gardados para despois

Unha multitude independentista ateiga o centro de Barcelona

Catalunya PluralCatalunya Plural | @Catalunyaplural


Praza PúblicaPraza Pública | @prazapublica


Doutra volta. Como nos últimos cinco anos, as rúas de Barcelona enchéronse de decenas de milleiros de persoas polo Onze de Setembre. A menos dun mes do referendo do 1-O -convocado polo Govern, declarado ilegal polo Goberno central e vetado polo Tribunal Constitucional-, unha multitude ateigou o centro da capital catalá baixo o lema de Diada del Sí e con proclamas a prol da independencia e da consulta. "Votarem", berraron nunha marcha ena de símbolo de suma e que acabou unindo catro grandes pancartas: levaban debuxadas unha urna, a pomba da paz cos lemas "referéndum és democrácia" e "pau i llibertat" ou un claro

O president Puigdemont, no seu discurso institucional na véspera deste luns, prometera que o 1-O a Generalitat porá as urnas "para os que queren unha Catalunya independente e para os que lexitimamente queren continuar formando parte de España". Ademais, chamou os cataláns a "celebrar a Diada activamente co civismo e a alegría que nos caracteriza". Tras a marcha, preguntouse: "Que máis temos que facer para que entendan que Catalunya quere votar?".

O Govern insiste en que se celebrará o referendo porque o quere "a maioría dos cidadáns". "Dá igual a reacción do Estado, isto non o para ninguén"

Durante a marcha, o voceiro do Govern, Jordi Turull, asegurou que "dá igual a reacción do Estado porque isto non o para ninguén". Así, preguntado por unha hipotética oferta do Estado para deter o referendo, o portavoz da Generalitat respondeu que "a xente gañou o dereito a votar independencia si ou independencia non". Nos mesmos termos se manifestou o vicepresidente, Oriol Junqueras, que asegurou que a consulta se celebrará porque así o desexa "a maioría dos cidadáns". Preguntado tamén sobre se estaría disposto o Govern a aprazar o referendo, o líder de ERC dixo que o que quere é "que a democracia gañe sempre e que sexan os cidadáns os que decidan co seu voto". 

Xa que logo, mentres o Govern insiste en celebrar o referendo e o Executivo central insiste en asegurar que non se levará a cabo, as rúas volvéronse ateigar de xente reclamando unha consulta. Nos discursos oficiais, tanto a Assemblea Nacional Catalana (ANC) como Ómnium Cultural insistiron en que o 1-O haberá urnas. Jordi Sànchez,presidente da ANC, chamou os cataláns a declararse "insubmisos ante todos os tribunais queu só buscan preservar a unidade da súa patria". "Desbordamos as rúas e gañamos a lexitimidade para avanzar", engadiu, logo de cifrar en "máis de un millón de persoas" os asistentes á marcha. A Guárdia Urbana tamén fala de arredor de un millón de cidadáns, mentres que a Delegación do Goberno reduciu a cifra a 350.000.

A ANC cifra en "máis de un millón de persoas" o número de asistentes á marcha

Durante toda a xornada sucedéronse reflexións e reaccións de diferentes representantes políticos sobre a situación do procés. No acto organizdo polos comuns, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, asegurou que non ía "permitir leccións de ninguén" e "menos de señoritos de Convergència que estiveron asinando as mesmas leis que o PP". Ademais, a rexedora aclara que o que lle preocupa non é un referendo unilateral, senón que "Junts pel Sí deixe atrás a metade do pobo polas súas présas" por facelo. Con todo, anunciou que fará "todo o posible para que os barceloneses puida votar o 1 de outubro", en referencia á polémica pola apertura dos colexios electorais na capital catalá. 

Colau di "non aceptar leccións dos 'señoritos' de Convergència" pero  que fará "todo o posible" para que os barceloneses poidan votar

No acto dos comuns participaron o voceiro de En Marea, Luís Villares, a vicevoceira Ana Seijas e a vicevoceira parlamentaria Carmen Santos. Alí, Colau cualificou de "vergoña" os rexistros que a Garda Civil levou a cabo na imprenta de Constantí e na redacción de El Vallenc. "Hai xusta indignación", insistiu quen cre que o responsable é o PP por "demofóbico". Antes, xa reclamara a Rajoy que "escoite o pobo de Catalunya e deixe de xugar a carta da xudicialización e a represión". Colaou non asistiu á marcha convocada polo independentismo para "preservar" a figura de alcaldesa. 

Precisamente, os populares non tardaron en referirse á rexedora de Barcelona. O vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, pediulle a Colau que "estea xunto aos bos, os que non queren delinquir, que se poña ao carón dos que cumpren a lei". Logo da xunta directiva do seu partido, o dirixente advertiu da "chantaxe delincuente" do Govern catalán e aclarou que "a máis dun pódelle custar un disgusto non só patrimonia, senón tamén penal". "Se seguen intentando bombardear a unidade de España van ter a resposta sensata e firme, sen complexos, do Executivo", rematou. 

Diada 2017

Manifestantes durante a Diada celebrada en Barcelona / CC-BY Sandra Lázaro / catalunyaplural.cat

Ao tempo, e mentres Colau asegura que fará todo o posible para permitir a votación o 1-O, o seu tenente de alcaldía, Jaume Asens, asegurou que así será. "Si, poremos urnas", dixo nun acto organizado por Podem e Crida Constituent, nun mitin que volveu evidenciar a fractura entre Podemos e a súa marca catalá. No acto dos comuns, o secretario xeral da formación morada, Pablo Iglesias, manifestou que "o que ten que facer quen defenda a soberanía de Catalunya é arrimar o ombreiro para sacar o PP do Goberno de España". 

Desde o PP, o seu voceiro parlamentario en Catalunya, Xavier García-Albiol, acusou a Puigdemont e Junqueras de "quentar o ambiente na rúa". Ciudadanos, pola súa banda, acusou o Govern de "dar un golpe como fixeron en 1934 contra a República". "Agora quéreno facer contra a monarrquía constitucional", dixo o presidente laranxa, Albert Rivera, desde o Moll de la Marina, no acto organizado polo seu partido. Para Inés Arrimadas, "a Diada del Si expulsa a maioría social catalá, contraria á independencia". 

 

Presenza galega na Diada

En canto á presenza galega -puidéronse ver algunhas bandeiras galegas coa estrela vermella durante a manifestación-, a portavoz nacional do BNG afirmou que "o pobo catalán escribirá o seu futuro a pesar de que o Estado, con posicións inmobilistas, tente boicotear que a  xente poida decidir libremente o seu voto". Para a líder do Bloque, isto non é "admisible" e insistiu en que dende do BNG teñen "moi claro" que os pobos "teñen dereito a decidir o seu futuro". "O presente e futuro  dos pobos debe ser escrito coa D de democracia e o L de liberdade", indicou desde Barcelona.

"O presente e futuro  dos pobos debe ser escrito coa D de democracia e o L de liberdade", dixo Pontón desde Barcelona

Desde En Marea, o seu portavoz, Luís Villares, asegurou que para a súa formación "é unha esixencia democrática apoiar as mobilizacións do pobo de Cataluña nun día coma hoxe". "É a sociedade a que ten dereito a decidilo todo, un exercicio democrático e republicano de primeira orde", engadiu, ademais de amosar o seu "compromismo co carácter plurinacional do Estado español, que leva a que cada suxeito político, neste caso Catalunya, teña dereito a decidilo todo". A confluencia participou no acto dos comuns e tamén na manifestación da Diada. "Hoxe e todos os días o compromiso coa democracia será este", finalizou. 

Villares asegura que para En Marea "é unha esixencia democrática apoiar as mobilizacións do pobo de Cataluña nun día coma este"

Por parte de Anova, o seu portavoz nacional, Antón Sánchez, dixo estar na capital catalá para "apoiar o proceso de referendo catalán" por ser "democrático e vontade do pobo". Ademais, criticou a resposta en forma de "represión por parte do Estado". "Cremos que é imposible responder con represión a un problema político e é imposible encarcerar tantos milleiros de persoas que apoian este proceso que non é máis que democracia e dereito a decidir", asegurou.

>> Pode seguir aquí toda a información da Diada en Catalunya Plural

Diada 2017

© ANC

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.