0 Gardados para despois

Puigdemont e os ex-consellers que seguían en Bélxica son detidos tras presentarse en comisaría

Praza PúblicaPraza Pública | @prazapublica


eldiario.eseldiario.es | @eldiarioes


O ex-president Carles Puigdemont e os ex-consellers que o acompañaban en Bélxica decidiron presentarse voluntariamente na mañá deste domingo ante a policía federal belga, que os detivo. Todos o fixeron acompañados dos seus avogados na sede policial da Rue Royal de Bruxelas. A decisión dos políticos cataláns produciuse pouco antes dunha anunciada rolda de prensa da fiscalía belga para informar sobre a situación e as medidas a aplicar en cumprimento da euroorde de detención contra os políticos cataláns. Nesa comparecencia a fiscalía informou de que os políticos cataláns foran detidos por un período de 24 horas. Durante ese prazo, que finaliza pouco despois das nove da mañá deste luns, un xuíz que lles tomou declaración na tarde deste domingo terá que decidir sobre o seu futuro inmediato.

Acompañados dos seus avogados, tentan evitar a imaxe dunha detención

Coa súa comparecencia ante a policía, Puigdemont e o resto de ex-consellers evitan a imaxe dunha detención ao uso. As defensas de Puigdemont e os seus ex-consellers pretenden dar á xustiza belga probas de que a súa intención non é a fuga, senón abrir un novo espazo xudicial para decisións que consideran inxustas. Este sábado Puigdemont enviou unha mensaxe en Twitter na que amosaba a súa disposición a colaborar coa xustiza belga.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.