Haberá debate electoral. Será na primeira semana de campaña e serán tres, coa participación de PPdeG, PSdeG e BNG, que confrontarán os seus proxectos a partir do luns 8 na CRTVG. Este luns 8 de outubro será a quenda de Alberto Núñez Feijoo e Pachi Vázquez. O martes 9 debaterán Vázquez e Jorquera. E o mércores celebrarase o encontro entre o candidato do PP e o do BNG.
Será a primeira vez dende 1993 (co Fraga-Sánchez Presedo) que haxa debates electorais nuns comicios autonómicos galegos
Falárase de outras opcións, coma o venres 5, desbotado por coincidir cun partido do Celta. Socialistas e nacionalistas ofrecéranse dende un inicio a participar en calquera tipo de debate, sen condicións, e finalmente os populares aceptaron a celebración dos encontros co criterio que o partido de Núñez Feijoo sempre fixara: que non houbese un debate a tres, que interpretaban como un "dous contra un". Será a primeira vez dende 1993 (co Fraga-Sánchez Presedo) que haxa debates electorais nuns comicios autonómicos galegos.