O CIS apunta a unha axustada maioría absoluta de Feijoo

Distribución de escanos segundo o CIS Dominio Público Praza Pública

O CIS vén de publicar o seu estudo preelectoral sobre as eleccións galegas e a correspondente estimación de voto. A sondaxe prevé 38 deputados para o PP,  que mantería a súa maioría absoluta. De igual xeito prognostica un leve descenso para o PSdeG (23-24) e a posibilidade de que o BNG se manteña ou suba un escano. A enquisa tamén lle outorga un deputado a AGE, pola provincia da Coruña.

O traballo só preguntou por estas catro formacións e mais por UPyD, o que xa foi criticado por varias voces, entre eles Pablo García, coordinador de campaña dos socialistas. Os socialistas lembraron ademais que nas últimas eleccións andaluzas o CIS augurou un cómodo triunfo do PP, que con 54-55 escanos rozaría a maioría absoluta. Finalmente o PSOE foi o gañador e o PP ficou en 47 deputados.

Ningún dos tres candidatos sobre os que se preguntou aproba: Feijoo obtén unha valoración media de 4,82 sobre dez, mentres que Vázquez queda nun 3,64 e Jorquera nun 3,24

A enquisa afirma que tanto PP coma PSdeG e BNG perderían apoios. O PP obtería o 44,1% dos votos, tres puntos menos ca no 2009. O PSdeG co 28,2% tamén caería tres puntos e o BNG co 15,6% deixaría algo máis de medio punto. A coalición entre EU e Anova case multiplicaria por cinco a porcentanxe quen 2009 tivo EU, pero só superaría a barreira do 5% na provincia da Coruña, pola que Xosé Manuel Beiras regresaria ao Parlamento. Os votos a "outras formacións" sumarían un 3,5% e os votos en branco chegarían ao 3%. A enquisa estima unha participación moi elevada, cun 62% de persoas que "con toda seguridade" acudirán a votar e outro 19% de o fará "probablemente". Tamén asegura que o 37% ainda non decidiu o seu voto e as maiores dúbidas se concentran entre PP e PSdeG e entre PSdeG e BNG.

En canto á valoración de candidatos, a sondaxe só preguntou por Feijoo, Vázquez e Jorquera. Feijoo é coñecido polo 99.6% dos entrevistados e o lider dos socialistas polo 90,1%. O candidato nacionalista fica máis atrás, cun 79,2% de coñecemento. Ningún dos tres aproba: Feijoo obtén unha valoración media de 4,82 sobre dez, mentres que Vázquez queda nun 3,64 e Jorquera nun 3,24.

Unha das preguntas máis significativas fai referencia ao desexo de que haxa un cambio politico en Galicia o 21-0. O 49% dos entrevistados asi o desexa fronte a un 31,7% que non quere cambio e un 17,6% que non sabe ou non contesta

O 27% dos entrevistados cre que estas eleccións son "máis importantes" que as anteriores, mentres que o 66% considera que son "igual de importantes" e só un 2% pensa que són "menos" importantes. Unha das preguntas máis significativas fai referencia ao desexo de que haxa un cambio politico en Galicia o 21-0. O 49% dos entrevistados así o desexa fronte a un 31,7% que non quere cambio e un 17,6% que non sabe ou non contesta.

 

Sondaxes publicadas en Libertad Digital e La Razón

A quince días das eleccións son varios os medios de comunicación que están publicando ou publicarán esta fin de semana outras sondaxes. Todas elas amosan un escenario moi axustado. Porén, o traballo do que se fai eco Libertad Digital, elaborado pola empresa Campañas Electorales Low Cost, outórgalle 39 escanos ao PP, un máis dos que ten na actualidade. O PSOE tería 24, o BNG 8 e AGE 4. Tamén publica unha nova entrega das súas sondaxes o xornal La Razón. Neste caso o PP tería entre 36 e 39, o PSOE 25, o BNG entre 8 e 10, AGE 3 e CxG entre 0 e 1.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.