Dorribo empeñou Nupel a base de préstamos para sufragar coches, 'Visas' e iates

Avelin Uno © Sumario da Operación 'Campeón'

O préstamo de preto de tres millóns de euros que Jorge Dorribo obtivo, coa presunta intermediación do exdirector xeral do Igape, Joaquín Varela, desde o BEI (Banco Europeo de Investimentos) estaba atado coa hipoteca sobre os bens de Nupel e un plan de negocio máis que ambicioso. O laboratorio aseguraba que ía experimentar un crecemento de máis do 20% en tres anos malia á crise económica. E, sobre todo, aínda que isto non se dicía abertamente, malia ser unha empresa con graves problemas de liquidez. A administración concursal de Laboratorios Asociados Nupel asegura que existen probras de cobro de dividendos en B e da falsificación de información mercantil. As contas estaban presuntamente maquilladas. Se Varela coñecía ou non a quebra de Nupel é algo que, cando menos no sumario, non se explicita. Si consta que Dorribo apurou ao máximo o cobro dos dous tramos do crédito blando ante a complexa situación pola que atravesaba.

Todos os datos de contabilidade de Nupel evidenciaban que non podía facer fronte a unha inversión de máis de seis millóns millóns de euros

Tanto o volume de negocio, o incremento dos gastos financeiros ou outras partidas como os fondos propios ou o circulante. Todos os datos de contabilidade de Nupel evidenciaban que non podía facer fronte a unha inversión de máis de seis millóns millóns de euros. Case tres chegaron do BEI a través dun préstamo. Segundo aparece nas contas da compañía, o ambicioso proxecto de unidose non absorbía todo o capital procedente do endebedamento, os préstamos públicos ou das vendas.

 

Cunhas perdas superiores aos doce millóns de euros en 2010, Nupel formalizou préstamos con diversas entidades bancarias para a adquisición de coches de luxo e embarcacións de recreo. En total o gasto superou os tres millóns de euros. Como consecuencia disto, a firma tivo que asumir gastos financeiros polo xuro desa débeda po case 630.000 euros. Outros 400.000 euros se rexitraron "en concepto de desconto de efectos e operacións de factoring".

Cunhas perdas superiores aos doce millóns de euros en 2010, Nupel formalizou préstamos para a adquisición de coches de luxo e embarcacións de recreo

Ese endebedamente está incluído dentro dun amplo capítulo que fai referencia aos investimentos realizadas con fondos alleos (préstamos, leasing...) para a compra destes bens de luxo "totalmente innecesarios para a actividade da empresa", apuntan os administradores concursais. O investimento máis caro foi o dunha "embarcación Sacs", por máis de 415.000 euros. É case un cuarto do gasto en personal de Laboratorios Nupel.

Jorge Dorribo mercou tamén un Rolls Royce por 347.586,20 euros e que acabou vendendo por 134.074,46; un Maserati de 122.735.14 euros que vendería por menos de 27.000; ou un Porche 997 GT3 que lle costou 122.895,46 euros e o malvendeu por 63.000. Estas operacións de compra e venda (con prezos moi rebaixados) tamén provocaron perdas por máis de 620.000 euros.

 

Vendas de coches con minusvalías Dominio Público Sumario da Operación Campeón

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.