Case noventa concellos galegos contarán nas eleccións do 24 de maio con candidaturas cidadás, veciñais ou de confluencia de esquerdas. E algúns mesmo por partida dobre (ou triple). Despois duns meses moi axitados, os últimos días antes do peche do prazo para presentar listas acabaron por conformar un panorama moi diverso, no que se mesturan candidaturas totalmente asemblearias con outras nas que o peso dos partidos é evidente, sobre todo no caso de Podemos por unha banda, e de Esquerda Unida, Anova pola outra, ademais de Espazo Ecosocialista ou Equo.
Algunhas destas candidaturas agrúpanse baixo marcas coma SON, impulsada por Anova e Esquerda Unida, que suma case medio cento de listas en todo o país. Cómpre ter en conta que ademais das candidaturas cidadás ou de confluencia nas que participan unha e outra formación, tanto Anova coma Esquerda Unida presentan listas propias en varias localidades, empregando tamén o apelido "Son" e que non figuran nesta listaxe. É o caso de Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Monforte, A Illa, O Grove, Vilagarcía, Ponteareas, Porriño, Baiona, para Esquerda Unida. E de Arteixo, Bergondo, Cedeira, Manzaneda, Ourense, Toén, Val do Dubra e Teo no de Anova.
Outra marca que tamén se repite en numerosos concellos é a de Participación Democrática Directa, un partido instrumental creado por Somos Maioría para "dar cobertura legal, directa ou en coalición a todas aquelas candidaturas cidadás que xurdiran ao abeiro do seu manifesto".
Noutros lugares foron os círculos locais de Podemos os que impulsaron candidaturas, que en varios casos levan a denominación Pode seguindo ao nome da localidade ou outros nomes, como Gañemos. Finalmente, nun número bastante grande de concellos as candidaturas veciñais non teñen unha relación tan directa con partidos políticos, ou estes diluíron moito máis a súa influencia.
A Coruña
- Abegondo: SON de Abegondo - Foro Veciñal. Francisco Javier Niño Ricoy
- Betanzos: Betanzos Novo - SON. Hipólito Pérez Novo
- Pontedeume: Somos Maioría Pontedeume (Participación Democrática Directa). Francisco Miguel Leira López
- Sada: Sadamaioría. Oscar Portela Fernández
- Carballo: SON Carballo. Jesús Deus Gende
- Malpica: SON D'Aquí. Francisco Carballo Quiroga
- Ponteceso: Apin SON Ponteceso. José Manuel Pose Verdes
- Cee: Unión Cidadá – Unión Ciudadana. Víctor Somoza Somoza
- A Coruña: Marea Atlántica. Xulio Ferreiro Baamonde
- Cambre: Asemblea Cidadá de Cambre - SON. José Antonio Campos Malaxechevarría // Ganemos Cambre. Manuel Núñez Arias
- Carral: SON - Asemblea Cidadá de Carral. César Manuel Bergondo Trillo
- Culleredo: Marea Veciñal de Culleredo. José Juan Santos Iglesias // Ganemos. Begoña Boutureira López
- Ares. SON de Ares. Gustavo Pita Carballeira.
- As Pontes. Xunt@s por As Pontes. María Jéssica Fernández Polo.
- Cabanas. Somos Cabanas (Participación Democrática Directa). Xosé Manuel Pérez Sardiña // Gañemos Cabanas. Rafael Juan Pérez García
- Fene. Somos Fene - Participación Democrática Directa. Xoán Manuel Rodríguez Bastida.
- Ferrol. Ferrol en Común - SON. Jorge Suárez // Marea Ártabra. José María Hernández Roca
- Mugardos. Iniciativa Cidadá de Mugardos. José Javier García Dieste // Ganemos Mugardos. Jesús García Rivera
- Narón. Eliximos Narón Electores. Alfonso Casal Pita
- Neda. Movemento Veciñal Neda. Leticia Iglesias Basanta
- Valdoviño. Agrupación de Electores Vecinos Implicados. Germán Caneiro Vilela.
- A Pobra do Caramiñal. Nós Pobra. José Luis Piñeiro García
- Boiro. Boiro Novo - Son. María Dores Torrado Ares
- Lousame. Partido da Terra de Lousame. Iolanda Mato Creo.
- Noia. Marea Cidadá de Noia. Manuel Seijas Caamaño
- Porto do Son. Portodos. María Asunción Torres Parada.
- Ames. Ames Novo. Pilar Candocia Pita // Contigo Pódese. Genma Otero Uhia
- Boqueixón. Agrupación de Elector@s Veciñ@s de Boqueixón. Xabier Canabal.
- Dodro. Unidade Veciñal de Dodro. Fabián Sanmarco Janeiro
- Oroso. SON de Oroso. Manuel Siverio Miras Liñares
- Padrón. Veciños de Padrón. Teresa Rey Pazos.
- Rianxo. Rianxo en Común - SON. Antonio Castro Castro
- Rois. Xente de Rois. Pere Tobaruela.
- Santiago de Compostela. Compostela Aberta. Martiño Noriega
Lugo:
- Chantada. Participación Democrática Directa. Antón Fente Parada
- Lugo. Lugonovo. Santiago Fernández Rocha // Alternativa Cidadá de Esquerda-EU. Carlos Portomeñe Pérez
- Foz. Foz Plataforma de Futuro. Luis Sixto Legaspi.
- Alfoz. Veciños Independentes de Alfoz. Xabier Pardiñas Suárez.
- Ribadeo. Ribadeo en Común. María Victoria López Louro.
- Viveiro. SON Viveiro. Victor Miranda Gómez // Ganemos. José Luis Fernández Lamelas
- Folgoso do Courel. Courel Vivo (Participación Democrática Directa). Óscar Carrete Lage
- Monforte de Lemos. Esperta Monforte. María Isabel García Díaz.
- Sober. Agroma Sober (Participación Democrática Directa). Paula Vázquez Verao
- Vilalba. Vilalba Aberta (Participación Democrática Directa). Modesta Renda Santiso.
Ourense:
- O Barco de Valdeorras. Riada Cidadá. Félix García Yáñez
- Beariz. Alternativa para Beariz - SON. Manuel Ogando Penela
- Boborás. Xuntos por Boborás - SON. Manuel González Rodríguez.
- O Carballiño. Alternativa Veciñal do Carballiño - SON. Bernardino García Novoa.
- O Irixo. Fai o Irixo - SON. Florentino Pérez Bernárdez.
- Punxín. Agrupación de Electores Cambio Intelixente de Punxín. Joaquín Moldes González
- Pereiro de Aguiar. SON de Pereiro de Aguiar. Jorge González Lamas
- Ourense. Ourense en Común. Miguel Doval Garza.
- Taboadela. Candidatura Veciñal de Taboadela. Xosé Antón Calviño
- Xinzo de Limia. Xinzo Adiante. Manuel Pérez Campos
- Xunqueira de Ambía. Iniciativa por Xunqueira. Eladi Cid Babarro
- Pobra de Trives. SON de Trives. Jorge Vázquez Rodríguez
- Ribadavia. Agrupación de Electores Ribeiro en Común. Brais Fidalgo Martínez.
- Monterrei. Veciños de Monterrei. María del Carmen Sola Pérez
- Verín. SON Verín. Manuel Pousada Bermúdez.
Pontevedra
- A Estrada. Movemento Veciñal Estradense. María del Mar Blanco Casais // A Estrada Pode. Ofelia Lema Villar
- Cambados. Somos Cambados (Participación Democrática Directa). Constantino Cordal Rodríguez // Cambados Pode. José Ramón Abal Varela
- Ribadumia. Somos Ribadumia (Participación Democrática Directa). José Enrique Oubiña Lago
- Sanxenxo. Sanxenxo Pode. Roberto Agís Balboa // Somos Sanxenxo (Participación Democrática Directa). José Manuel Bea González
- Vilagarcía de Arousa. Somos Maioría Vilagarcía (Participación Democrática Directa). Gaspar González Somoza
- Vilanova de Arousa. Gañemos Vilanova. María Elena Cores Leiro.
- Agolada. Veciños por Agolada. Gregorio Daparte
- Lalín. Plataforma Aberta Cidadá de Lalín. Lara Rodríguez Peña
- Arbo. Agrupación de Electores de Arbo. Xavier Simón Fernández.
- Mondariz. Alternativa x Mondariz. Xoán Carlos Montes Bugarín
- Ponteareas. A Riada do Tea. Manuel Norberto Troncoso Rodriguez
- Salvaterra do Miño. Agrupación de Electores Salvaterra. Javier Vieitez Castro.
- Bueu. SON Bueu. Julio Villanueva González.
- Cangas do Morrazo. Alternativa Canguesa de Esquerda. Xosé Manuel Pazos // Asemblea pola Unidade. Ángela Vizoso Marcos
- Cotobade. Gañemos Cotobade. Manuel Suárez Pérez.
- Cuntis. Agrupación de Electores Veciñanza. Santiago Martínez López
- Marín. Marea Veciñal de Marín - SON. Sandra Pesqueira Pérez
- Poio. Son de Poio. Javier Mouriño Barreiro
- Pontecaldelas. Agrupación Veciñal de Pontecaldelas. Alfonso Gutiérrez Santiago.
- Pontevedra. Marea Pontevedra. Luís Rei Núñez
- Mos. GañaMos asemblea Veciñal–SON. Francisco Vázquez Troitiño.
- O Porriño. Agrupación de Electores do Porriño. Abraham Castro Cabaleiro.
- Tui. Son de Tui. Laureano Alonso Álvarez
- Gondomar. Gondomar Concello Aberto. Josué Villar Ballesteros // Manifesto Miñor. Xosé Antonio Araújo Quintas.
- Nigrán. Nigrán Decide - SON. José Cuevas Raposo
- Redondela. Agrupación de Electores Redondela 2015. Ricardo Figueroa // Redondela Pode. Raquel Quintáns Costoya // Son Redondela. María Luísa Cayetano Rodríguez
- Vigo. Marea de Vigo. Rubén Pérez Correa // Gañemos Vigo. Lois Pérez Leira.