Lores presenta a candidatura do BNG en Pontevedra e advirte que “o mellor está por vir”
Ana Pontón destaca a cidade e a xestión do actual alcalde como "referencia", non só para o nacionalismo senón a nivel "internacional"
Ana Pontón destaca a cidade e a xestión do actual alcalde como "referencia", non só para o nacionalismo senón a nivel "internacional"
Os días 3 e 4 de maio Lalín acollerá a IV Edición da Festa do Orgullo, un evento que comezou a celebrarse no ano 2016 e que conta coa colaboración na súa organización de colectivos de toda Galicia.
Aclara que a prolongación da concesión é excesiva e non axustada a dereito e que o Executivo do PP non xustificou por que ENCE non pode mudarse a outro lugar. Feijóo carga con dureza contra o Goberno central e contra unha posible marcha da pasteira tras defender o traslado durante anos.
Desmárcase da decisión de Rajoy e renuncia a opoñerse aos procedementos xudiciais do Concello, a APDR e Greenpeace. A Avogacía do Estado advirte que a prórroga só é viable de non haber outra ubicación para a fábrica e que os 60 anos máis "non son conformes a dereito". A empresa advirte das consecuencias no emprego.
O asasinato de María Jesús en Valga producíase case ao mesmo tempo que en Sober se desenvolvía o funeral da muller orixinaria da vila asasinada pola súa parella o pasado 8 de marzo en Madrid. Colectivos feministas, forzas políticas e gobernos transmiten a súa repulsa por estes asasinatos e chaman ao rexeitamento social da violencia de xénero
En decembro, 33 internos do programa de Saúde Mental enviáronlle unha carta convidándoo a visitar a prisión, dicíndolle que a súa música lles achegaba “paz e harmonía perfecta en medio de tanta loucura”.
A pasteira obtivo un beneficio neto de case 132 millóns de euros en 2018 grazas á boa marcha do mercado da celulosa a nivel mundial. As remuneracións dos seus conselleiros, entre os que permanecen dous ex-altos cargos do PP, sumaron case 3 millóns de euros nun ano
Somos Cambados revela un certificado que lle atribúe o 20% da propiedade como resposta ás acusacións dos populares contra a alcaldesa socialista pola relación do seu marido cun investigado nos anos noventa
O 1 e 2 de marzo Pontevedra acollerá a segunda edición do encontro de mulleres columnistas As mulleres que opinan son perigosas. Falamos cunha das súas organizadoras, Susana Pedreira, sobre os factores que levan a que as sinaturas femininas sigan sendo minoría nas seccións de opinión
O proxecto, no que colaboran unha quincena de entidades, dende a cooperativa Nosa Enerxía ata o Consello Regulador do Mexillón e a asociación de mariscadoras, inclúe unha serie de actuacións para desenvolver entre 2020 e 2030, fomentando a mobilidade sostible, a redución de emisións, a reciclaxe e a compostaxe ou a eficiencia enerxética
A cidade acolle os días 1 e 2 de marzo a segunda edición do Encontro de Mulleres Columnistas, que reunirá a profesionais de todo o Estado, como María Xosé Porteiro, Ana Requena Aguilar, Ana Romaní, Pepa Bueno, Tati Moyano, Tareixa Navaza ou as Towanda Rebels
Pontevedra acolle este sábado a II Gala dos Medios en Galego, organizada por AMEGA, entidade que agrupa a 40 medios de comunicación. No evento participará o actor Xosé A. Touriñán ou a cantante Ugia Pedreira.