Unha taxista, unha mestra e unha 'bruxa' torturada pola Inquisición incorpóranse ao rueiro de Pontevedra
Ernestina Otero Sestelo, Dolores Trabado, Vasquida García e María Vinyals darán nome a tres rúas e a un parque. Forman parte da listaxe de 30 mulleres que figuran na moción aprobada en 2015 polo pleno municipal para feminizar as denominacións de vías públicas e espazos da cidade.