VÍDEO | "Papá, vanme chamar puta": campaña viral contra as violencias machistas

A ONG norueguesa Care Norge vén de lanzar unha campaña que, baseada nun vídeo de 5 minutos, pretende denunciar as violencias machistas "que moitas nenas e mulleres afrontan durante a súa vida". "A mensaxe da película -di a orgnaización- é que os homes son, poden e deben ser un modelo positivo e renunciar á violencia", tanto ás agresións físicas como aos micromachismos. Nesta ligazón podes acceder a unha tradución automática ao galego do texto no que Care Norge explica a súa campaña