Axentes forestais gravan un oso pardo nos Ancares

Axentes forestais deron gravado a escasos metros o pasado 4 de xuño de 2018 un oso pardo nos Ancares lucenses. O vídeo foi divulgado pola asociación Aprafoga, que lembra que tras encontros coma este os axentes "rastrexan" o exemplar, realizan "medicións biométricas", buscan restos de pelo para a realización de análises xenéticas e "enchen a ficha oficial feita polos propios axentes". "Protexer os tesouros de Galicia é parte do noso traballo" e por iso, resaltan, esixen á Xunta renovar os acordos laborais "caducados" dende 2007.