Santiago
"Dereito a gozar e obriga de coidar": Santiago pide "boas prácticas" ao turismo nunha "alfaia delicada"
O Concello compostelán lanza a campaña coa que procura que os turistas se comporten de maneira máis "consciente". Non acampar na rúa, "respectar o descanso" da veciñanza ou preservar os edificios históricos, entre as peticións dun código que, di o goberno local, pretende "concienciar as persoas que nos visitan para minimizar as accións que afectan negativamente ao patrimonio ou ao día a día da veciñanza"
Rueda apela na ofrenda ao Apóstolo ao "ben común" e á "unidade" tras o 23X
O presidente da Xunta chama a "promover un progreso racional e equilibrado baixo a tutela da coroa" e advirte de non "dividirse" nin quedar "paralizado" ante as "incertezas".
A 'Alba de Compostela' celebra a súa primeira edición amosando "o orgullo do que somos"
Un ateigado Teatro Principal homenaxea o cóengo Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral, a psicóloga Rosa Álvarez, os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi e a propietaria do pub Borriquita de Belém, Ánxeles González Porto. Asistiron os edís de BNG e Compostela Aberta pero non os de PP e PSdeG. Goretti Sanmartín pídelles que "se impoña o amor ao noso concello sobre todas as cousas"
Da Catedral á transformación social no barrio: as homenaxes no primeiro acto do Concello de Santiago no Día Nacional
O cóengo Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral pola divulgación da restauración do templo, e a psicóloga Rosa Álvarez, polo Plan Socio-Comunitario de Vite, destacan entre as persoas homenaxeadas na primeira edición de 'Alba de Compostela'. Os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi e a propietaria do pub Borriquita de Belém serán tamén homenaxeadas nun acto que se inspira no 'Alba de Groria' de Castelao no seu 75 aniversario
Leilía pregoarán unhas Festas do Apóstolo con Lucía Aldao, Xabier Díaz, The Rapants, Bratzantifa e Ángel Stanich
Grandes concertos, cabezudos, espectáculos pirotécnicos, circo, danza, alboradas, obradoiros e actividades para as crianzas. Do 20 ao 31 de xullo Santiago celebra as Festas do Apóstolo con Bratzantifa, Ángel Stanich, Lucía Aldao, The Rapants, The Original Wailers e Sarah Mccoy, entre outros artistas
"O Atardecer no Gaiás é un agasallo": Rocío Saiz e Juancho Marqués abren o ciclo de concertos para os solpores do verán
Juancho Marqués e Rocío Saiz inician este xoves e venres o ciclo de concertos con acceso libre e de balde Atardecer no Gaiás, polo que pasarán nos meses de xullo e agosto artistas como Mariagrep, Biznaga, Jéssica Pina ou San Salvador
O Concello de Santiago lanza un acto institucional polo Día Nacional tras unha década de ausencia da Xunta
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirma que exercerá de "anfitrioa" das autoridades que acudan á ofrenda da Casa Real ao Apóstolo na Catedral, "como é tradición" e con independencia de que non acuda á Eucaristía "atendendo á condición de Estado laico"
- Entrevista | Goretti Sanmartín Municipais 28M
- Política Santiago
"Temos a responsabilidade de sermos espello de políticas transformadoras que digan: así actúa o BNG"
Apenas dúas semanas despois de ser elixida como primeira alcaldesa da historia de Santiago, Goretti Sanmartín combina a xestión dos de "asuntos pendentes que temos que resolver nas próximas semanas" co trazado dos primeiros pasos políticos dun mandato no que fixa como primeiras prioridades un "pacto polo turismo consciente" e "unha revolución total na mobilidade" que comece pola ansiada renovación do transporte urbano. A vivenda, a xestión da auga ou a política cultural son sinaladas tamén como claves dun goberno que, di, tamén debe actuar como "catapulta" para o cambio político en Galicia
Un impulso no peito para loitar contra a opresión
“Sempre tiven/ un impulso no peito/ para loitar contra/ a merda que nos cae enriba”. Son versos de Poesía da Casa (Inés Mosquera), unha das participantes da final da Poetry Slam Compostela deste curso. Cinco mulleres: Paula Pier, Isa Mordía, Yamini, Alicia Sanz e Poesía da Casa competían nunha final de notable nivel poético e escénico, cun público entregado que ateigaba a sala de eventos do compostelán Riquela. A gañadora, Paula Pier, despediu a Slam cunha canción sobre a decisión de erguerse e deixar de fuxir
'Run Baby Run': a discriminación de xénero no deporte chega ao teatro
Un espectáculo onde o feminismo é unha cuestión trasnversal e que busca romper estereotipos de xénero na nosa sociedade desde a escena. 'Run baby run', escrita por Fátima Delgado e dirixida por Jana Pacheco, é unha coprodución do CDG co Teatro Español e terá a súa estrea en Santiago en outubro
Identidades e disidencias sexuais: radiografía á diversidade en Galicia entre chamadas á formación e á empatía
Un centenar de persoas entre colectivos, profesionais, institucións e diferentes administracións pasou polo Foro Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura, coordinado por Carme Adán, para elaborar un documento que radiografía a situación do colectivo lgbti+ en Galicia e sinala os puntos urxentes nos que mellorar, sobre todo dentro das distintas Administracións públicas