A Coruña ingresou 400.000 euros no primeiro trimestre de aplicación da taxa turística
A taxa comezou a aplicarse o 29 de setembro. Estímase que a recadación final superará o medio millón de euros nos tres últimos meses do ano, un período no que o número de visitantes aumentou un 14%. A alcaldesa, Inés Rey, destaca a importancia destes cartos para a mellora dos servizos públicos e da calidade do sector turístico.