0 Gardados para despois

Bestiario do vestiario

Cada semana Martiño Suárez achéganos unha historia de personaxes, vidas e lugares que transitan polas marxes do deporte. Despois do seu nacemento ligado ao Dioivo e da súa encarnación en libro, a segunda tempada do Bestiario do Vestiario xógase en Praza Pública.

23 Abril 2018

  • O equipo das bruxas

    O Benevento disputou a máxima categoría por primeira vez na historia e perdeu os catorce partidos iniciais. O primeiro punto chegoulle case por obra de bruxería: xogando nada menos que co Milán, o seu porteiro conseguiu marcar de cabeza no minuto 94

16 Abril 2018

  • A bici de Vladimir Ilich

    Había que botarlle peito para circular en bicicleta polo París de comezos de século, pero Lenin non perdía ocasión de facelo

9 Abril 2018

  • As mortes de Ottavio Bottechia

    Un accidente ou un asasinato político? O falecemento deste gañador de dous Tours de Francia estivo arrodeado por unha nebulosa de dúbidas

2 Abril 2018

  • As sufraxistas ciclistas

    Hawkins e outras activistas percorreron a periferia en bicicleta para levar a loita polo voto ás máis remotas aldeas con gran éxito entre o público feminino e enorme espanto entre o sector máis cabestro da Gran Bretaña rural

26 Marzo 2018

  • Oliver, Benji e a dura realidade

    O modelo que seguiron os debuxantes foi o de Musashi Mizushima, un centrocampista que partiu con só once anos cara ao Brasil para aprender da canteira do São Paulo

19 Marzo 2018

  • Gaña o Emperador

    A Nerón gustáballe competir e, xa que estaba, gañar. E como estas cousas pasaban sempre, decidiu participar nos Xogos Olímpicos; competiu só porque ninguén quería enfrontarse ás súas perrenchas, así que a vitoria estaba cantada

12 Marzo 2018

  • Todos contra Petrovic

    Babic é quizais o máis descoñecido dos xogadores da lendaria escola iugoslava dos oitenta mais, aínda hoxe, posuidor do récord de puntos anotados nun partido oficial en Europa

5 Marzo 2018

  • Fitness para maduros

    Lev Nikoláievich aprendeu a montar xa cerca dos 70 anos e estaba moi preocupado porque os campesiños da comarca, que o consideraban practicamente un santo, fuxían espantados ao paso daquel señor sobre dúas rodas

26 Febreiro 2018

  • Biescas, un ano antes

    No fermoso camping o ciclista Fernando Escartín era todo un culto: en cada un dos locais había colgada unha foto súa en pleno esforzo

19 Febreiro 2018

13 Febreiro 2018

  • De festa co equipo de hockey

    A primeira muller capaz de baixar do minuto nos 100 metros libres saíu de farra co equipo de hockey e despois dun par de roldas de máis decidiron honrar unha das tradicións olímpicas máis arraigadas: roubar bandeiras

5 Febreiro 2018

  • O robot que derrotou a Bonaparte

    O robot xadrecista estaba deseñado dun xeito diabólico. Abrírase o portelo que se abrise, o que aparecía ante os ollos das testemuñas eran piñóns, porquetas, cegoñais, correas e pancas, distribuídas dunha maneira o suficientemente enxeñosa como para ocultar dentro a un mestre de xadrez

29 Xaneiro 2018

  • O burato de Joe Louis

    Cando Joe Louis volveu da guerra, comprobou con horror que o seu peto dos cartos tiña un burato do tamaño de Alabama.

22 Xaneiro 2018

  • Néboa sobre Stamford Bridge

    Sam Bartram foi un dos primeiros futbolistas modernos á hora de xestionar a súa imaxe. Diante del apareceu unha figura que avanzaba demasiado amodo para ser un dianteiro 'blue'

16 Xaneiro 2018

  • O Pontiac de Wim van Est

    Van Est lanzouse costa abaixo coma un poseso; caeu, volveu erguerse, volveu sentir a roda picada, seguiu recto nunha curva e caeu de cabeza por un estarrecedor cavorco. A gran caída foi materia prima para un truculento anuncio

8 Xaneiro 2018

  • Pioneiras que non eran

    Eis a explicación á imaxe misteriosa. Despois de días investigando chegou á conclusión de que a fotografía correspondía a unha comparsa de Entroido de 1925

2 Xaneiro 2018

  • Quen eran estas pioneiras?

    Aproveito para pedirlles información: Quen son estas pioneiras do fútbol galego en Allariz? Que partido foi ese entre Celanova e Arnoia?

26 Decembro 2017

  • FC Bakunin

    Os anarquistas, polo visto, despregaron un xogo vistoso e tan xovial coma as súas pintas; desgraciadamente, resultaron ser un conxunto brillante pero pouco organizado, afouto mais individualista en exceso

18 Decembro 2017

  • Portugal, fútbol e barberías

    Dise que Eusébio comeu durante 20 anos, día tras día, no mesmo restaurante lisboeta e colleu por hábito ir con bastante frecuencia á perruquería do Hotel Ritz. Alí fixo por forza amizade con João Besteiro, que lle cortou o pelo durante medio século

11 Decembro 2017

  • Ronald Reagan, xornalista deportivo

    Reagan desenvolvera unha memoria fotográfica para paliar unha miopía galopante; aínda que nunca vise un partido narraba o xogo de forma convincente e apaixonada

4 Decembro 2017

  • Adiante, Gwengamp!

    O En Avant naceu en 1912 da man de Pierre Deschamps, fundador tamén da Misión Laica Francesa, e consolidouse da man de sindicalistas, radicais de esquerdas e líderes locais da Internacional Obreira. As cores do traxe, negra e vermella, non lles son as mesmas que as dos anarquistas por casualidade, polo tanto.

27 Novembro 2017

  • A Marosa drive-in

    Para min os locutores eran coma corresponsais en zona de guerra; imaxinen a emoción coa que vivín o primeiro partido radiado dende a grada da Marosa

20 Novembro 2017

  • A vaca de Quim Cambalhotas

    Joaquim Agostinho, o mellor ciclista portugués da historia, nunca perdeu de vista o tema agrícola. Unha vez, correndo en Francia, chamárono para dicirlle que lle roubaran vinte vacas. Alugou un avión privado e, entre etapa e etapa, voou a Torres Vedras para atopar o gando e ao maleante que llo mangara

13 Novembro 2017

  • 'Pitcher' Castro

    Polo visto o Comandante era un verdadeiro apaixonado do America's favourite pastime. Unha das invencións máis famosas que o relacionan co béisbol é o mito de que Fidel estivo a piques de converterse en profesional cun equipo estadounidense, cambiando deste xeito a historia do século XX.

14 Outubro 2016