Arquivo do 'caso Maruxaina': sen indicios para culpar polos vídeos de mulleres enviados a webs pornográficas
A xuíza "non dubida do testemuño das denunciantes" e mantén que os feitos son delito, pero non acha probas contra o único imputado nin logra identificar outros posibles culpables tras múltiplas dilixencias. A "solicitude de asistencia xudicial internacional" aos EUA resultou "infrutuosa", o mesmo que os intentos para que as webs que difundiron os vídeos colaborasen na identificación das persoas que os subiron