0 Gardados para despois

puntogal

Esta semana preséntase oficialmente a candidatura galega para acadar un dominio de internet de primeiro nivel, o .gal. Seguindo o ronsel aberto por Catalunya, que en 2005 conseguiu o .cat, a Asociación puntoGAL completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para remitirlle a candidatura á ICAAN, que agora a estudará. No segundo semestre de 2013 Galicia podería contar cun dominio lingüístico e cultural.

16 Maio 2018

11 Xuño 2015

4 Maio 2015

15 Setembro 2014

23 Xullo 2014

22 Xullo 2014

  • Dende o 25 de xullo, Praza.gal

    A Asociación Puntogal deu a coñecer as 93 entidades sociais, empresas e administracións públicas que nuns días comezarán a usar o dominio .gal. entre elas estará Praza. Edita de Lorenzo, nomeada directora xeral de Puntogal, xestionadora do dominio galego na rede.

  • As primeiras '.gal'

    Este martes anunciaranse as solicitudes seleccionadas para participar no Programa de Pioneiros da Asociación PuntoGal, que poderán publicar as súas webs baixo un enderezo .gal dende o 25 de xullo. Será nun acto ás 12 do mediodía no Museo do Pobo Galego

16 Maio 2014

  • Realidade.gal

    O vindeiro Día Nacional de Galicia activaranse as primeiras webs co .gal, un "éxito colectivo" para amosar que "existe un país que se chama Galicia" e sermos "máis normais". Un acto na Cidade da Cultura serviu para realizar o lanzamento oficial do dominio, que estará dispoñible para o público xeral dende decembro.

20 Abril 2014

  • Puntogal: 8 anos de traballo silandeiro

    Nos vindeiros días a Asociación PuntoGal explicará cales son os pasos (e os prazos) que toda persoa, entidade ou empresa que queira contar cun dominio .gal deberá seguir. Estamos na liña de chegada dunha carreira de case unha década, "un éxito da sociedade galega", segundo os responsables da asociación.

13 Marzo 2014

  • "O .gal será unha propaganda gratuíta para Galicia e o galego"

    Séguese á espera da delegación do dominio por parte da ICANN, aínda sen data. Daquela comezará o proceso de rexistro, en varias fases, con prioridade para as marcas, as institucións públicas e as entidades culturais. No Consello da Cultura, Manuel González debullou a importancia do .gal para distintos sectores.

11 Novembro 2013

15 Xuño 2013

  • Galicia xa ten o .gal

    Despois da aprobación onte pola ICANN e dun periodo transitorio, o dominio será realidade no inicio de 2014. Manuel González, presidente da asociación puntoGAL, salienta a "importancia histórica desta nova" e afirma que "é unha conquista de toda a sociedade e un exemplo de que todos xuntos podemos". Audios no interior.

23 Abril 2013

31 Maio 2012

29 Maio 2012

  • Un dominio para que Galicia gañe prestixio en todo o mundo

    A aventura do puntogal xa está en marcha. Este martes presentouse oficialmente en Compostela a candidatura galega para contar cun dominio de primeiro nivel en Internet. Partidos políticos, universidades, entidades sociais e máis de doce mil sinaturas apoian unha iniciativa que terá beneficios para a cultura e lingua galegas e tamén para as empresas do país.

  • 'Puntcat', un exemplo de éxito

    A iniciativa para acadar un dominio de primeiro nivel para a lingua e cultura catalás acadou o seu obxectivo en 2005, despois de nove anos de traballo, converténdose no primeiro concedido pola ICAAN para unha comunidade cultural e lingüística. Hoxendía hai xa máis de 50 mil webs co .cat

28 Maio 2012

  • Desta vai: Galicia inicia a carreira polo .gal

    A Cidade da Cultura acolle este martes a presentación oficial da candidatura galega para acadar un dominio de internet de noso. Seguindo o ronsel aberto por Catalunya, que en 2003 acadou o .cat, a Asociación Puntogal completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos, e confían en que a ICANN aprobe a solicitude nun prazo de 12 a 18 meses.